O concello de Fisterra encara o final do verán con varias actividades dirixidas ao público adulto. A primeira das citas será este sábado, día 23, ás 20:30 horas coa proxección da película "Encallados". A sesión terá lugar no salón de actos do concello.
Xa o domingo, día 24, será o turno do teatro da man da compañía Daboapipa que interpretará a súa obra "Lavandeiras". A cita é tamén no salón de actos ás 20 horas. E ao venres seguinte, o día 29, volverá a sesión de cine coa proxección de "A praia dos afogados". A función comeza ás 20:30 horas.
Fonte