Fisterra inclúe un mercado de inverno entre os actos do nadal

O concello de Fisterra vén presentar a súa programación para este nadal no que teñen cabida todos os veciños e veciñas do municipio. Así, dende o 11 de decembro e ata o 5 de xaneiro, haberá distintas actividades dirixidas a todos os públicos. Os máis pequenos terán a oportunidade de facer unha videoconferencia con Papá Noel e participar nunha cabalgata cos Reis Magos. Mentras que os maiores de 16 anos poden participar os días 11 e 12 de decembro no taller de Centros de Mesa de Nadal promovido pola concellería de Cultura‬ do ‪‎concello de Fisterra. Os interesados en participar deben de anotarse antes do 10 de decembro xa que as prazas son limitadas.‬ Xa o 25 de decembro, a asociación de artesáns e artistas Ar-Te de Fisterra, coa colaboración do Concello, organiza un belén vivinte. Nesta actividade poden participar todos os veciños e veciñas que o desexen como figurantes, actores, artesáns, músicos ou de calquera outra maneira poden asistir a reunión que haberá no salón de actos do Concello de Fisterra o venres día 4 de decembro ás 7 da tarde. Ademais, por primeria vez, celebraráse a I Feira de Inverno en Fisterra. A feira, que será no mercado municipal do 19 ao 24 de decembro, está destinada ós comercios e artesáns de diversas actividades (textil, complementos, artesanía, cosmética, floral, entre outros). A maiores destes, na programación do nadal de Fisterra tamén se inclúe un festivial de nadal, a actuación dunha coral e un espectáculo de maxia.   Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.gal)
  • Concello de Fisterra