Fisterra pode contra a indignación

Unha nova plataforma está formándose na vila do Cristo. A veciñanza fisterrá que se sinte indignada e estafada ten unha vía de escape para transformar eses sentimentos en ilusión e esperanza de cambiar as cousas. E con esa idea nace o Círculo Podemos Fisterra, unha plataforma veciñal con vocación política que nace en todo o Estado con cabezas tan visibles como Pablo Iglesias.

Fisterra, unha vila con gran tradición de movemento veciñal, únese así a este novo grupo político, e este domingo 16 de febreiro a partir das 19:00h terá a súa primeira reunión no Boulevard Lounge.

Será o momento para crear ese Círculo, ese grupo de persoas vencelladas e promotoras, na vila do Cristo, que utilicen as redes sociais e as reunións para construir unha asemblea.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).