Fisterra ponse en modo Semana Santa

Presentación do Cartel da Semana Santa na Igrexa de Santa María das Areas. Foto: Carrillo

Unha ves pasada a resaca do marabilloso Entroido, Fisterra xa se pon en modo Semana Santa. Esta fin de semana xa se celebrou algún acto litúrxico, ademais da presentación do cartel da man da Xunta de Confarías de Semana Santa. 

Unha festa de gran arraigo na vila fisterrá, onde medio pobo, literalmente, esta implicado directamente na celebración, entre todas as aristas que engloba, dende a litúrxica á máis festexeira. 

O alcalde Luís Insua e o pai Brito presentando o Cartel de Semana Santa. Foto: Carrillo

As grandes citas serán do xoves 2 de abril ao domingo 5, xornada na que se vivirá a máxica Resurreccción.