Fisterra reflexiona sobre Colón, "o primeiro galego que cruzou o charco?"

Deseño exclusivo de Xosé Teiga

O sábado 19 de outubro ás 12h, o Bela Fisterra acolle unha análise do documental "Colón ADN. A súa verdadeira orixe", dirixido por Regis Francisco López, no noso hotel Acompáñanos e descobre xunto a nós os misterios da súa historia.

 Contaremos coa participación de destacados expertos:

  • Eduardo Esteban Meruéndano. Presidente da Asociación Cristóbal Colón e representante da teoría galega no estudo do ADN da Universidade de Granada (UGR).
  • Rodrigo Costoya. Profesor e escritor. Autor da novela "Portosanto", que recrea a vida de Colón en Pontevedra.
  • Modesto Fraga: Poeta, narrador coordinador da Biblioteca da Fisterranía e biógrafo de Ramón Marcote, que foi o fundador do Comité Pro Colón Español na Habana.
  • Pepe Formoso: Analista turístico, creador de contidos culturais, xornalista, comunicador e fundador do Hotel Bela Fisterra.

Máis novas