Os futbolistas de esquerdas cítanse ca risa en Fisterra

Este venres 10 de febreiro, ás 19:00h da tarde, o Salón de Actos do Concello de Fisterra convírtese nun estadio para recibir o espectáculo “Brazaletes”. Javier Castiñeira, baixo a dirección Artística, Elsa García, interpreta este espectáculo que mestura teatro, fútbol e política, baseado no libro "Futbolistas de Izquierdas" de Quique Peinado, o coñecido xornalista de LaSexta, Público e a Cadena Ser.

Saído da ESAD de Galicia, é un monólogo onde se conta a historia de varios futbolistas que se significaron politicamente de esquerdas. A través dun narrador do que descoñecemos o nome achegámonos á historia de Aitor Aguirre e Sergio Manzanera, dous futbolistas que se enfrontaron ao franquismo e acabaron en comisaría.