Máis de 1300 sinaturas piden que se retiren as pinturas da igrexa de Fisterra

Máis de 1300 persoas piden a retirada das pinturas da igrexa de Fisterra. Imaxes: Darío Gómez A nova  asociación de veciños de Fisterra, que naceu co fin de defender o patrimonio da vila, presentou onte no concello máis de mil trescentas sinaturas coas que se solicitan a retirada da pintura de cor augamariña do interior da igrexa da santa María das Areas. Este foi un dos temas que a nova entidade veciñal tratou nunha reunión co alcalde de Fisterra, xunto con outros dez puntos máis.
Reunión entre os representantes da asociación e o alcalde de Fisterra. Imaxe: Darío Gómez Durante a reunión mantida co alcalde, os membros da asociación de veciños de Fisterra solicitaron a creación dunha oficina de información turística no centro da vila e outra no faro, a aprobación do PXOM, a limpeza dos espazos verdes públicos, a recuperación de bens patrimoniais (cruceiros, muíños,...), a creación dun queimadoiro de roupa para os peregrinos coa súa debida vixilancia, dar a coñecer entre os veciños o plan director do Cabo, a posta en funcionamento da Vaca do Faro, o mantemento de forma trimestral de cunetas e vías secundarias e unha maior exhaustividade na lectura dos contadores da auga. Membros da asociación valoran como "positiva" a reunión mantida co goberno local.  

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
  • Asociación de Veciños de Fisterra