Malabares e música internacional para a recta final da semana no porto de Fisterra

Tralo Entroido de Verán, a vila do Cristo segue de festa neste completo mes de xullo. O programa cultural de verán trae dúas citas esta semana.

O xoves 16 de xullo o porto fisterrán acollerá unha festa familiar con música, malabares e humor, da man da pequedisco Moc Moc. Unha festa para crianzas e pais e nais a partir das 21:00h.

Xa o venres, ás 21:30 horas, o Porto de Fisterra converterase no escenario dunha nova cita do Verán Cultural coa actuación de The Crass, banda internacional recoñecida polo seu inconfundible estilo crass-folk, no marco da súa Mushroom Problem Tour 26.