Este domingo arranca en Fisterra o programa do Decembro Cultural organizado polo concello. Os encargados de facelo serán o grupo folk Ascuas que actuarán a partir das 19 horas no salón de actos da casa consistorial para cantar folk dos anos 80.
Por segundo ano, a programación do Nadal inclúen a II feira de inverno que terá lugar no mercado municipal de Fisterra dende o día 17 ata o 24 de decembro. A inauguración da feira será o propio día 17 e estarán os cabezudos e a grupo "Os Fondaos de Pínfano".
Tamén o sábado día 17 haberá un obradoiro para aprender a facer centros de mesa para o nadal. Esta actividade está destiana a todos os públicos maiores de 16 anos e desenvolverase na casa da cultura de Sardiñeiro. Para participar é necesario inscribirse antes do día 15 na concellería de Cultura de Fisterra ou no número de teléfono 981 74 00 01, extensión 1. O mercado municipal de Fisterra tamén acollerá este obradoio os días 19 e 20 de decembro e tamén é preciso anotarse.
A programación continúa o xoves 22 co espectáculo "Sherlock Holmes" da man de Cayetano Lledó. A actuación, dirixida a un público familiar, comeza ás 19 horas no salón de actos do concello. Un día despois, o 23, Fisterra recibirá a visita do apalpador, da man de Anxo Moure. A apalpador achegarase a partir das 18 horas ata o mercado municipal da vila. E xa o martes día 22 o público familiar poderá asistir ao espectáculo de "Os tres tenedores" de Cocido Sinfónico que comeza ás 19 horas no salón de actos do concello.
Calbalgata de Reis
A programación do Nadal despídese coa tradicional cabalgata de Reis que será o día 5 de xaneiro. As súas maxestades visitarán dende pola mañá distintas localidades do municipio fisterrán e partir dos 18:30 horas comezará o seu desfile polas rúas de Fisterra para chegar á praza da Constitución onde recibirán aos nenos e nenas.
Ademais haberá xogos tradicionais organizados para os máis pequenos, pais e avós.
Novas relacionadas