Pepe Formoso, de Solpor, e Jesús Trillo, de Muxía Turismo Rural, no Encontro do EFA en Curtis sobre o Camino Fisterra-Muxia
Continúa a asociación Muxía Turismo Rural espallando o noso Camiño. Desta volta participou nun foro no Espazo Xove de Curtis, enmarcado no programa comunitario Interreg, organizado polas EFAs de Galicia. A mesa redonda virou en tormo ao Camiño de Fisterra-Muxía, coa presencia de Pepe Formoso, responsable do Albergue Bela Muxía e membro da Asoc. Solpor, Jesús Trillo, de Muxía Natural, e a xefa de comunicación do Clúster de Turismo de Galicia.
Na mesma foron analizadas as potencialidades e posibles debilidades da prolongación xacobea. O colectivo muxián alertou dunha posible sobreoferta de prazas, o que pode orixinar unha baixada de prezos e, con iso, un deterioro no servizo ao caminante.
A entidade muxiá quixo igualmente facer un chamamento público á recentemente creada entidade Xacobea Vía Mariana, que preside Xesús Palmou, que teña presente a prolongación jacobea a Fisterra e Muxia á hora de programar as súas actividades.