O BNG de Fisterra debate sobre pesca
07 de marzo de 2011 (09:11 h.)
O BNG fistgerrán organiza unha charla-coloquio "sobre A pesca en Fisterra: presente e futuro". A cita será hoxe luns, día 7, ás 19:30h na sede do BNG de Fisterra.
Na charla intervirán o deputado e portavoz do BNG en asuntos pesqueiros, Bieito Lobeira, amais de Xan Carlos Sar (responsábel local do BNN) e o candidato á alcaldía da localidade, Modesto Fraga.
Falarase da problemática dos topes da pescada e a xarda así como das axudas convocadas pola Consellería do Mar co gallo de paliar os danos ocasionados polo temporal do pasado mes de marzo.
Novas relacionadas
Fonte
- Nota de prensa do BNG de Fisterra.