O camiño Fisterra-Muxía contará cunha nova sinalización a partir do outono

O proxecto de licitación comezará en breve e, segundo os prazos previstos, os traballos inciaranse no outono. Imaxe: Galissia A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, mantivo unha reunión cos alcaldes dos concellos polos que discorre o Camiño de Santiago de Compostela-Fisterra-Muxía para presentar o proxecto da nova sinalización que se colocará nesta ruta. Nava Castro, acompañada polo delegado territorial da Xunta na Coruña - Ovidio Rodeiro -; a xerente de Turismo de Galicia - Elena Barca - e o xerente do Xacobeo - Rafael Sánchez - quixo que os rexedores dos dez concellos desta provincia atravesados polo Camiño Fisterra-Muxía fosen os primeiros en coñecer en detalle os traballos previstos, que seguen o mesmo modelo executado xa noutras das rutas xacobeas como o Camiño do Norte ou o Camiño Primitivo. Proxecto A piques de comezar o proceso de licitación, a reunión serviu para explicar as características do proxecto e as directrices que guían as decisións tomadas ao respecto. Ademais, Turismo de Galicia púxose á disposición de calquera achega dos concellos implicados en relación ás actuacións previstas. O encontro permitiu manter un diálogo con todos os representantes municipais e pór en común cuestións de interese para todos estes concellos, que puideron coñecer cales serán as obras concretas que se executen nos seus termos municipais.
Os alcaldes dos municipios polos que pasa o Camiño mantiveron onte un encontro con responsables de Turismo de Galicia Estas melloras levaranse a cabo exactamente nos concellos de Santiago de Compostela, Ames, Negreira, Santa Comba, Mazaricos, Dumbría, Corcubión, Cee, Fisterra e Muxía. Segundo os prazos previstos, os traballos poderanse comezar ao inicio do próximo outono. Récord de peregrinos Por outra parte, o Camiño de Santiago segue batendo récords este ano, cun incremento do 10% respecto ao pasado ano. Así, x se entregaron máis de 125.000 compostelas na Oficina do Peregrino. Cada ano son máis os que deciden seguir a súa peregrinaxe polo Camiño de Fisterra-Muxía, que no seu derradeiro tramo dá dúas alternativas aos peregrinos: continuar ata o Cabo Fisterra ou ata o santuario da Virxe da Barca, ambos fronte ao océano Atlántico. Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Turismo de Galicia