A cultura está que desborda por Fisterra. Se esta semana coñeciamos que a Plataforma Fisterra Único Fin do Camiño está organizando sendos cursos de ioga e teatro, o Departamento de Cultura do Concello fisterrán esmérase tamén en ofrecer un outono cultural.
E centra o Concello a súa oferta neste outono no teatro, que encherá de vida ao longo dos meses de outubro, novembro e decembro dentro do programa “Outono teatral”. As obras celébranse no municipio de Fisterra e na parroquia de San Xoán de Sardiñeiro.
De feito, o pasado 17 de outubro comezaban as sesións, e a primeira delas tivo lugar na Lonxa de Fsiterra da man do grupo de Teatro del Andamio. A compañía galega contoulle a máis de 120 cativos as súas hitorias de “Pingueiras e Tarteiras".
Vindeiras citas teatreiras
A seguinte obra será na Casa da Cultura de Sardiñeiro o vindeiro 5 de novembro coa obra "Historia dunha Semente" do Grupo Caramuxo Teatro, (ás 19:30h). Trátase dnha fábula que reflexiona sobre a naturaza e os cambios que se producen nela. Espectáculo cómico de títeres. Está destinada ao público infantil, a partir de 3 anos, e ten unha duración de 50 minutos.
Neste mes de novembro tamén poderemos desfrutar na lonxa de Fisterra da obra de títeres, a cal se estrea este ano, Alicia no País das Marabillas, de Titeres Falcatrúa (19:30h).
E xa no mes de decembro o programa que están a elaborar conta con varias citas destinadas a todas as idades, no que destacan o día 11 de decembro máis teatro en Sardiñeiro acompañado cunha unidade didáctica da Verdadeira historia dos tres porquiños (19:00 h), o día 12 “Os Bolechas” na lonxa de Fisterra, o 19 “Contos mariñeiros” tamén na lonxa (19:30 h).
Festa do Nadal
Pero os máis pequenos asistirán o día 26 de decembro a xa tradicional Festa de Nadal que todos os anos se celebra no pabillón municipal coa visita de personaxes de animación infantil, Papá Noél, xogos e música. Esto será a partir das 18:00 horas nunha tarde cargada de festa.
Obradoiro de centros de mesa
En canto ós máis maiores os días 10 e 18 realizaráse en Sardiñeiro e Fisterra un curso de elaboración de centros de mesa de Nadal para adornar as nosas mesas nesas datas tan especiais.
Deportes para mozos
E coma non, os novos do municipio durante o fin de semana do 17-18 e 19 contaran con varios eventos deportivos no pabillón municipal , aínda pendentes de pechar.
Un Belén andante
E coma novidade este ano a agrupación de Novas Xeración de Fisterra, colaborará co Concello na celebración na tarde de Noiteboa dun Belén vivinte que percorrerá as rúas da Vila cantando panxoliñas e coa posterior visita de Papá Noél na Praza da Constitución.
Visita dos Reis Peregrinos
E xa para rematar o programa de Nadal o día 5 de xaneiro, e debido ao Ano Santo, os Reis Magos de Oriente rematarán o Camiño Xacobeo en Fisterra, no Fin do Camiño, onde virán coas súas mochilas cargadas de agasallos e caramelos para todos os nen@s. Eles serán os primeiros peregrinos do ano 2011 e remaratán, despois de recibir aos nenos na praza da constitución ,o seu camiño no Faro de Fisterra. Este ano na cabalgata os Reis deixarán as súas coronas aún lado e virán vestidos de auténticos peregrinos onde serán guiados, non pola estrela fugaz, senón pola propia flecha que nos dirixe no Camiño.