O terceiro mellor hotel de praia está en Fisterra

O pequeno hotel familiar Alen do Mar de Fisterra e o terceiro mellor valorado dentro do ranking de Trivago O pequeno hotel familiar Alén do Mar de Fisterra está de noraboa despois de que o comparador de viaxes, Trivago, o posicionase no terceiro posto dentro do ranking dos dez hoteis de praia con mellor reputación onlien do territorio nacional. Esta selección recolle os aloxamentos de praia que contan coas mellores valoracións por parte dos usuarios de Internet e que teñen unha ubicación privilexiada ao lado do mar. Despois do Vincci Selección Aleysa Hotel Boutique & Spa, de Andalucía, e do Seaside Grand Hotel Residencia, de Canarias,; atopase do hotel Alén do Mar de Fisterra. Este é o mellor valorado de Galicia e tamén se posiciona como o terceiro Os usuarios destacan que éste é un aloxamento con persoalidade, pequeno e sinxelo que se centra en ofrecer un servizo persoalizado e con trato familiar. O hotel Alén do Mar conta con once habitacións, de deseño moderno combinados con elementos arquitectónicos tradicionais, e está situado cerca da praia da Langosteira. Ésta non é a primeira vez que este negocio recibe un recoñecemento deste tipo, xa que o ano pasado xa obtivera o primeiro posto en reputación a nivel galego. Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Trivago