A boa acollida do curso obrigou a facer tres grupos
Nunca é tarde para aprender. E se non que llo digan aos maiores de Fisterra que acaban de participar nun curso de manexo básico de smartphones organizado pola aula CeMIT da vila. A gran cantidade de participantes obrigou a realizar tres grupos o cal indica que se repetirá en máis ocasión ao longo do ano.
Ainda que a maior parte dos usuarios e usuarias xa dispoñían dun teléfono intelexente, a Fundación Vodafone puxo á disposición dos participantes doce teléfonos durante as dúas semanas que durou a actividade.
Encargouse de poñer punto final á actividade a Escola Galega de Consumo, quen advertiu dos dereitos e deberes como usuarios e usuarias de telefonía móbil, os erros máis frecuentes e as reclamacións posibles.
Fonte