Os socorristas puideron salvar a vida dun home en Langosteira

Un home falecía onte á tarde na praia de Langosteira, no concello de Fisterra, por causas aparentemente naturais mentras daba un paseo polo areal. Segundo nos informan persoas que estaban alí presentes no momento do suceso, o home estaba na auga cando "lle dou un mareo ou un infarto". Os bañistas que desfrutaban dunha tranquila tarde de prais axudaron a quitar o home da beira do mar e grazas ás indicacións do 061 intentaron reanimalo conseguindo que expulsara auga, ainda que nada puideron facer por salvarlle a vida. Foron os familiares e os bañistas os que chamaron os servizos de Salvamento. Segundo nos indican fontes alí presentes, tiveron esperando uns trinta minutos polas ambulancias e finalmente cando chegou o helicóptero xa era tarde para salvarlle a vida ó falecido. Segundo denuncian os alí presentes, o posto desocorrismo estaba baleiro a pesares de estar en plena época estival. Este serizo puido ter evitado esta morte debido á súa rápida intervención. A praia de Langosteira carece de bandeira azul, polo que algúns dos seus servizos poden estar reducidos.