Outra marea de pequenos diplomados fisterráns en informática

Mareas de diplomados en materia informática os que crea cada verán Aula de Informática Municipal de Fisterra. Este xoves 28 tivo lugar o acto de clausura dos cursos de informática para nenos e nenas de 4 a 13 anos. Foron un total de 90 rapaces os que participaron nestes cursos onde tiveron a oportunidade de aprender dende os primeiros contactos coas novas tecnoloxías ata programas de creación e edición de videos, música, retoque dixital e linguaxes de programación.

Uns cursos impartidos pola formadora ocupacional do Concello de Fisterra Neli Cambeiro Otero.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).