O pavillón de Fisterra espera a súa rehabilitación

Leva moito anos o pavillón de Fisterra en malas condicións. As humidades, as pingueiras levan compartindo espazo cos deportistas durante demasiado tempo. De aí que a veciñanza proteste estes días pedindo as melloras no polideportivo.

Unhas melloras que chegarán. O grupo de goberno leva anos buscando cartos para solucionar os problemas e xa conseguiron 190.000€ dunha subvención nominal da Deputación aprobada para os orzamentos de 2022 para rehabilitar o pavillón. Por iso entenden que ao longo do ano que vén a obra estará feita.