Entroido polos catro costados, o vivido esta fin de semana na Costa da Morte, pero aínda queda o mellor. Xa puidemos comprobar a completa axenda festexeira de Entroido que continúa estes días. De feito, se O Pindo, Malpica, Dumbría, Ponteceso, Laxe ou Mazaricos disfrutaron das súas xornadas grandes, aínda queda tempo para os entroidos de Vimianzo, Cee, Camariñas, Baio, Cabana, e, como non Fisterra, onde estaremos o martes como xurado, ademais de participar o luns no vimiancés.
Comeza a festa en Fisterra
Pero xa podemos ir avanzando cousas do que aconteceu na fin de semana, pois Fisterra xa foi quecendo motores co concurso de disfraces e o desfile de comparsas co pregón da man do mítico Santi Caneta:
Os gañadores de disfraces deste ano son en Fisterra foron:
Individual: Elena de Mary Popins.
Por parellas: Cenicienta e o principe no castelo (Lucía e Alberto).
Grupos: Os Espantallos.
O martes vivirase a grande festa do entroido fisterrán, a pesar de que este ano faltan varias das comparsas máis míticas e que máis xuventude moven na vila do Cristo. Así e todo non perdan ollo, que dende Buxantes volven con forza, e o propio Santi Caneta cos seus Rombos, seguro que non deixa títere con cabeza...
E lembren, non perdan ollo de todo o que vai acontecer estes dous días que quedan de entroido en www.axendacostadamorte.com.