Rescatan os dous tripulantes do Papin Primero tras ir a pique preto do Centolo
28 de xullo de 2026 (10:41 h.)
Nova noite axitada no porto fisterrán. Corrían ás 4:15 da madrugada cando a UHF comenzaba a alertar do naufraxio da embarcación de baixura Papin Primero, a altura do Centolo, en Fisterra. De contado o barco Hermanos Silva achegábase e rescataba da balsa salvavidas aos dous tripulantes que vían como a súa embarcación ía ao fondo.