Rescatan en Mar de Fóra unha balsa salvavidas que caera dun buque maltés ao seu paso polo Corredor

Foto-Xusto Gómez

Gardacostas de Galicia rescatou esta mañá unha balsa salvavidas na praia Mar de Fora de Fisterra. Os axentes do servizo autonómico actuaron en canto recibiron o aviso do 112, comprobando que a embarcación pertence ao mercante extranxeiro Karekare, con bandeira maltesa, e que pasou navegando a pasada noite fronte á costa fisterrá.

Segundo as pesquisas realizadas polo dispositivo despregado, correspondente á Unidade Operativa que Gardacostas ten en Muxía, determinouse que o buque puido perder a balsa nun golpe de mar, provocado pola borrasca Ingrid que desde as últimas horas mantén a costa galega en alerta vermella.

Foto-Xusto Gómez