O Semáforo acolle a presentación do libro de Aimes Kurz

Este sábado 24 de outubro, ás 18:00h, o Semáforo de Fisterra acolle unha nova presentación. Da man do farmacéutico Jesús González, chega á fin da terra Aimes Kurz. A fisioterapeuta austríaca, afincada nas Canarias, para presentar o seu libro “El Arte de vivir ligero. Cómo dejar de sufrir las emociones desagradables”.

Un libro que vai moito máis da fisioterapia e se mete dentro da nosa cabeza para ensinarnos a alonxarnos do camiño do sufrimento.

A autora estará acompañada da arpa de Iván Garmen.

Aquí podedes ver o emocionante que foi a presentación realizada en Las Palmas: