Susto en Fisterra polo incendio nun transformador que deixou sen luz a vila

Un estrondo e varios estoupidos sacaban á veciñanza das súas casas a media tarde deste venres 15 de agosto. O transformador da Rúa do Campo comezaba a arder, provocando unha tremenda fumareda, e deixando sen electricidade as casas e negocios da vila.

As queixas polo lamentable estado de mantemento do edificio que alberga o transformador foron continuas entre a veciñanza.

O edificio do transformador