Teatro e ioga para ocupar o inverno da fin do mundo
25 de outubro de 2010 (15:26 h.)
A Plataforma Fisterra, Único Fin do camiño afronta o final deste ano Xacobeo cunha serie de actividades que empezarán nos vindeiros días, e de cara ao 2011. A partires de novembro realizará dous cursos que se alargaran ata o mes de maio, e que están pensados para encher eses ocos que trae o inverno en canto a actividades culturais ou de interés xeral.
Curso de Ioga
A fisterrana Reyes Estévez, moi coñecida polas diversas actividades impartidas no colexio Mar de Fora e como monitora de actividades no Ximnasio Pele´s Fitness Center, impartirá os martes e xoves de cada semana (comezará o dia 2 de novembro), de 20:30 h a 21:30 h un curso de Yoga destinado a tódolos públicos e que supón unha aposta por hábitos saudables para o corpo e para a mente e que nunca veñen mal.
Dito curso levarase a cabo na Aula da Confraría de Pescadores de Fisterra. A inscrición pódese facer no Kiosko de Chus en Fisterra, no e-mail fisfincamino@hotmail.esEste enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver , no teléfono da plataforma 645062160 ou a través do blogue da plataforma findocaminho.wordpress.com, onde se pode informar sobre o número de conta bancaria da asociación (poñer curso de Yoga no concepto do ingreso). As cotas para este curso son de 12 euros mensuais para os socios e 15 euros mensuais para os non socios. Para calquera dúbida ou información que precisen poden dirixirse ao teléfono 645 06 21 60 ou no e-mail fisfincamino@hotmail.esEste enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver .
A outra actividade que se vai a levar a cabo, tamén a partires do 3 de novembro e ata o mes de maio será Teatro na fin do camiño. Dito curso será impartido os mércores de 20:00 h ata as 21:00 horas no mesmo local da Confraría. Coa mesma cota de inscrición, esta actividade representa para a plataforma a actividade estrela deste final de ano, pois supón un intento serio de recuperar a tradición interpretativa tan característica da vila fisterrana en tempos pasados.
Curso de Ioga
A fisterrana Reyes Estévez, moi coñecida polas diversas actividades impartidas no colexio Mar de Fora e como monitora de actividades no Ximnasio Pele´s Fitness Center, impartirá os martes e xoves de cada semana (comezará o dia 2 de novembro), de 20:30 h a 21:30 h un curso de Yoga destinado a tódolos públicos e que supón unha aposta por hábitos saudables para o corpo e para a mente e que nunca veñen mal.
Dito curso levarase a cabo na Aula da Confraría de Pescadores de Fisterra. A inscrición pódese facer no Kiosko de Chus en Fisterra, no e-mail fisfincamino@hotmail.esEste enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver , no teléfono da plataforma 645062160 ou a través do blogue da plataforma findocaminho.wordpress.com, onde se pode informar sobre o número de conta bancaria da asociación (poñer curso de Yoga no concepto do ingreso). As cotas para este curso son de 12 euros mensuais para os socios e 15 euros mensuais para os non socios. Para calquera dúbida ou información que precisen poden dirixirse ao teléfono 645 06 21 60 ou no e-mail fisfincamino@hotmail.esEste enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver .
Teatro na fin do mundo
Con Toño Casais
Para este fin, a plataforma apostou pola participación de Toño Casais, natural de Cee como instrutor deste curso. Toño é amplamente coñecido no mundo teatral por formar parte da Compañía de Teatro “Talía Teatro”. Membro de dita compañía de teatro, nomeado mellor actor protagonista nos Premios María Casares do 2010 pola súa participación na obra “Palabras encadeadas”. Actualmente está a facer a obra Volpone. Pero Toño é un membro destacado da familia teatral galega, formado na Dobraxe, en técnicas de Clown de circo, protagonista de algunha longametraxe, curtametraxes, actor de serie de televisión como Rias Baixas ou Libro de Familia, locutor tamén e técnico de son na Radio Neria e Radio nordés, con experiencia na docencia como monitor de teatro en diversas institucións, colexios, etc representan un aval seguro para poñer a andar outra vez á idiosincrasia teatreira dos fisterráns, un pouco apagada nos últimos tempos. Por suposto sen esquecer a súa participación nas múltiples Mostras de teatro de Cee, que tanto éxito teñan na bisbarra e que representan un espello onde mirarse os amantes do teatro.Charla con Alonso Romero
No mes de Febreiro contará coa presenza do historiador Fernando Alonso Romero que falará sobre as orixes do Camiño a Fisterra. Así mesmo contarán coa participación de diversos persoeiros de relevo para tratar a historia e divulgación do Camiño a Fisterra, así como proxectar ao futura esta vía milenaria. Será contando con persoeiros dos que non se fala nesta nota de prensa por falla aínda da concreción das datas.Máis sorpresas
Tamén haberá sorpresas durante o ano 2011 no II Campionato de futbolín Alejandro Finisterre, logo do Fotografía “Esencias de Fisterra” tamén terá presencia neste ano que está a piques de entrar e moitas outras actividades que se están a cociñar por un grupo de persoas que están poñendo todo o seu empeño en que así sexa.Novas relacionadas
- Xa está na rúa o boletín Km.0 de outubro da Plataforma fisterrá.
- A Plataforma Fisterra Único Fin do Camiño valora a máxica cifra que rexistra o Albergue: 100.00 Fisterranas, un día para reflexionar.
- O pobo fisterrán pide que Alejandro Finisterre sexa Fillo Predilecto da vila.
- A Plataforma fisterrá atopa a Esencia mariñeira a base de fotos.
- A revolución do futbolín alonxou ás consolas de Fisterra.
- A plataforma fisterrá denuncia no novo boletín que a vila siga sen Oficina de Información Turística.