Teresa Fdez (BNG Fisterra): "Despois de todos os atrancos burocráticos contaremos co novo Mercado Cultural"

Falamos coa Concelleira de Cultura, Educación e TIC´S nas dúas últimas lexislaturas e candadata número dous nas listas do BNG Fisterra, Teresa Fernández Martínez.

 

  • Que valoración fas destes 4 anos en materia cultural no Concello de Fisterra?

Aínda que a pasada lexislatura foi moi complexa por mor de unha pandemia, podemos decir que a valoración en materia de cultura foi moi positiva. Aínda con restricións fomos quen de organizar actividades culturais e lúdicas para toda a poboación.

Por outra parte, consolidamos as escolas e talleres de teatro e música e creáronse novas de danza e música tradicional .

Levamos o cine, os festivais e outras actividades a rúa para facilitar a participación cidadá, promocionar a economía local e favorecer as persoas traballadoras e profesionais que se adican ao mundo cultural

 

  • Que liñas principais vai manter a Concellería de Cultura nos vindeiros catro anos se segue nas túas mans? Que proxectos principais vas a artellar?

Continuaremos na mesma liña naquelas actividades que están sendo didácticas e participativas. O que si faremos é diversificar outros obradoiros de formación para que sexan máis dinámicos e atractivos .

Reforzaremos a partida económica de Trasmallos da Cultura para así colaborar aínda máis con autoras e autores nos seus proxectos literarios ou de outra temática. Seguiremos a colaborar con asociacións, clubes, e comisión veciñais que xunto a outras administración conformamos unha ferramenta fundamental na oferta cultural e económica da localidade e de toda a comarca .

Temos un tamén un proxecto en mente que é dignificar moito máis a figura de Alejandro Finisterre. Penso que non é suficiente con un campeonato de futbolín.

Por outra banda, queremos seguir habilitando máis escolas unitarias do rural para transformalas en centros sociais .

 

  • Por fin temos proxecto real para a Casa da Cultura …

É moi difícil que os concellos pequenos por si sós poidan ter infraestruturas específicas. Por iso apostamos por aproveitar a parte alta do mercado municipal. Aínda así, aparte da aportación da Deputación tivemos que facer un gran esforzo económico dende o Concello, pero por fin, despois de todos os atrancos burocráticos contaremos co novo Mercado Cultural.

De todos os xeitos, aínda que durante todo este tempo non puidésemos desfrutar dunha Casa da Cultura, nunca deixamos de organizar todo tipo de actividades. O que fixemos foi habilitar aulas ou inmobles que estaban desaproveitados para adicalos ea este fin.

Faime moita gracia cando escoito a outros candidatos de outros partidos na súa insistencia na casa da Cultura, cando eles nin asisten, nin están interesados en ninguna das actividades culturais que se viñeron organizando durante estes últimos anos .

 

  • Fálame da biblioteca…..

A recuperación da biblioteca foi un empeño noso dende o primeiro día que nos puxemos a traballar. Tivémolo moi difícil xa que tanto o local como todo o material estaban en moi malas condición. Tivemos que tirar de outras persoas voluntarias que nos axudaron a mantela aberta .

O PP deixounos un morto e sen recursos para poder revatilizala. Aínda así puidemos levar a cabo a súa apertura, crear unha ludoteca e xunto coa Aula Cemit poner en valor a ¨Casa do Arco" que é patrimonio de Fisterra .

Temos que acadar a Alcaldía e ter poder de decisión para poder dotar a biblioteca de persoal cualificado para que funcione ao cen por cen.

 

  • Que pode aportar o BNG dende o goberno se alcanza a maioría?

A política municipal do BNG é transformadora, e así o estamos demostrando nos concellos onde gobernamos.

Pretendemos levar a cabo o noso programa electoral e poner un proxecto de vila viva, dinámica, consciente do seu potencial e orgullosa da súa identidade.

Fisterra é líder no turismo na Costa da Morte e dende o BNG seguiremos apostando polos sectores produtivos e tamén por un turismo sustentable e de calidade. Precisamos que as diferentes admisistracións aposten por Fisterra e atendan as nosas demandas históricas e así desenvolver e avanzar nas potencialidades da nosa vila.

Penso que xá é tempo que Fisterra teña un goberno marca BNG por que o merecemos.

lista do BNG de Fisterra