Un caldeirón varado na Praia Langosteira

Esta mañá de mércores 29 de decembro de 2010 aparecía este caldeirón ou arroace, varado na Praia de Langosteira. Chaman a atención a de buracos que ten na parte dianteira do corpo. Este feito demostra a cantidade de curmáns da familia dos golfiños que pasan polas nosa bisbarra i é que navegando polas rías de Corcubión ou de Camariñas non é complicado pasar ao carón dun destes fermosos animais. Pero bueno, sempre que se atopa un destes golfiños varados, a pregunta é obrigatoria. “Non será Gaspar?” Desta volta, tampouco é Gaspar así que de seguro poderemos volvelo disfrutar polos nosos portos. E así nos chegan estas fotos do fisterrán Xusto Gómez, que coma se dun buscador de tesouros se tratase, coma se fose o mesmo Xan das Crebas, baixa ás praias a ver que trouxo a marea estes días… Hoxe tocou un tesouro escuro…

Novas relacionadas

Máis información

Fonte