“Un concerto de Sés en Fisterra, ao lado da Langosteira, ten que ser maxia pura”

Socorro Insua, unha das organizadoras o ano pasado na Festa da Anchoa

Este sábado 18 de agosto chega unha das citas máis auténticas da Axenda Sonora da Costa da Morte. A Festa Folk na Fin do Camiño cumple 18 anos, unha maioría de idade que lle chega en plena expansión, confirmando a de Fisterra como unha paradas ineludibles da temporada estival da música tradicional en Galicia.

Un festival que segue sendo de balde, organizado por unha Asociación sen ánimo de lucro, como é a Asociación Anchoa, chea de voluntarios con gañas de facer festa. Por iso a Asociación quere facer patente o seu agradecemento aos colaboradores, así como os veciños, ao comercio local e ao Concello de Fisterra así como á Concellería de Cultura.

Este ano son varias as novidades, como a aparición do vaso ecolóxico para as cañas (unha aposta pola redución de lixo que seguro se aumentará o vindeiro ano), e a foliada a partir das 17:00h, cando grupos locais de Fisterra armarán unha boa festa na rúa Escaselas. Mentres, os nenos poderán, durante toda a tarde, disfrutar dos inchables, dos obradoiros e da festa da escuma.

Pero ollo, que a troula na Anchoa comeza antes, ás 13:30h na sesión vermú, onde ademais de música cos Viqueiras de Ordes, haberá cabezudos (varios de Ordes e varios da casa) e tamén moita cousa para comer e beber a fartar.

Marisa Valle Roso estará con Sés en Fisterra

A partir das 22:00h comezan os pratos fortes, os concertos. Birimbao, que curiosamente se fundaron no ano 1999 como a Festa Folk, estréase na Anchoa, e lles fai moita ilusión vir.

De seguido estarán Os da Porfía, cos seus chalecos de cores, van sorprender coa súa revisión tradicional.

Unha das citas máis esperadas da noite é a chegada de Sés, na que será a primeira vez que actúa en Fisterra para todo o público. Unha visita moi esperada na vila do Cristo, e como comenta Socorro Insua, unha das organizadoras, “un concerto de Sés en Fisterra, ao lado da Langosteira, ten que ser maxia pura”. Sés vén con toda a banda (12 membros), e ademais vai traer a Marisa Valle Roso, unha cantante asturiana cunha potencia tremenda.

Porán o broche os extremeños “Los Niños de los Ojos Rojos”, outra banda que cumple este ano maioría de idade, e que xa estiveron na Anchoa substituíndo un grupo que non puidera vir, e foran un exitazo. Unha banda que fusiona ska, funki… e outros xéneros, e que presentan o seu último traballo, “Regreso á comarca”. De seguro que nos fan bailar.

Só falta consumir na cantina, e esquecer, nesta noite máxica, o botellón, pois é a meirande fonte de ingresos do festival, e significará que poderemos ter moitas máis Festas Folk na Fin do Camiño.

 

Domingo de música tradicional

As citas culturais non rematan aí, pois o domingo a Anchoa coorganiza co Concello o concerto presentación de “Mulleres de gargmalla” e “Maruxa das Cortellas”. A cita, que busca recuperar as nosas raíces e dinamizar o centro da vila, será o domingo 19 de agosto, ás 20:30 horas, na praza de Fisterra.

 

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/a-festa-folk-na-fin-do-camino-volve-as-orixes/