Un vertido de gasoil en Sardiñeiro

Imaxes do vertido na Praia de Sardiñeiro

Esta mañá de sábado 25 de xullo a xente que disfrutaban da praia de Sardineiño ficaron sorprendidos ao ver unha importante mancha de denso gasoil no medio do areal.

O Seprona achegábase ao lugar alertados pola veciñanza, que ademais comprobaron como varias especies de peixes sufrían as consecuencias da vertedura.

Segundo as primeiras investigacións, as fontes de seguridade cren que o vertido pode prover dun taller do lugar. Unha nova demostración da deficiente rede de saneamento da comarca.