1ª Galicia: A Esteirana faise co derbi e alcanza ao Baio

Code e Norberto co trío arbitral no derbi Baio-Esteirana

5ª vitoria consecutiva do Soneira que se mete de cheo na loita pola promoción, empatado co Dumbría e a un punto do Xallas, mentres os 3 primeiros (Ribeira, Negreira e Lalín) están dous partidos por diante.

Ademais, o derbi entre Baio e Esteirana foi de cor blaugrana, quedando os dous equipos igualados no medio da táboa.

Todo nunha xornada marcada polo terrible falecemento dun xogador do Cordeiro B, que provocou a suspensión do choque do Dumbría ante o cadro de Rianxo.

Minuto de silencio no Baio-Esteirana

Soneira - Agolada (1-0)

  • Soneira: Coke, Darío, Fabián, Aarón Fdez., Pichi, De la Sierra, Borja Gándara, Cristian, Richi, Maky e Basti. Tamén: Javi Souto, Ángel, Javito, Gesto e Brais Pereira.
  • Gol: 1-0, m.29: Maky.

Vitoria apretada, pero xusta a do equipo de Pedro Gómez, que volveu levar o peso do partido, desta vez tendo que tirar máis de xogo directo que noutros partidos. Volveron ter numerosas ocasións os locais, pero seguen coa puntería algo errada, permitindo que o rival estivese metido no partido ata o final, malia non ter apenas ocasións en todo o partido.

Na 1ª metade as máis claras foron dous mans a mans co porteiro de Basti ede Maki. Despois un xogador quitoulle baixo paus un remate de Aarón, e só o gol de Maki desequilibrou o partido.

Na 2ª metade saíron moi enchufados de novo os locais e Richi e Basti puideron sentenciar pero volveron deixar o partido aberto. Ca entrada de Javito, aínda tiveron máis chegadas os locais.

Baio - Esteirana (0-2)

  • Baio: Cristian, Aday, Pablo Rod., Pazos, Pablo Dom., Peke, Iván Garcías, Iván Rod., Santiso, Bieiro e Braian. Tamén: Iago, Mario, Josiño, Julián e Ceide.

  • Esteirana: MJ, Simón, Code, Damián, Tobío, Godo, Adrián Louro, Pachi, Oli, Róber Pladur e Elías. Tamén: Manu, Samuel, Alex Louro e Javier Romero.
  • Goles: 0-1, m.57: Godo; 0-2, m.77: Tobío.

Partido lento e falto de intensidade, cunha Esteirana máis seria, sen fisuras, que soubo manterse e sacar o zarzapo no momento preciso. O Baio dominaba, pero non conseguía superar a tea de araña de Geno, se ben MJ tivo que salvar algún tiro lonxano. O cadro esteirán tiña algunha chegada, como a que Róber Pladur marraba no man a man tras pase de Pachi.

Na segunda seguía o mesmo guión, pero desta vez a Esteirana aproveitou os erros dos baieses. Primeiro avisaba Pladur en dúas ocasións, e pouco despois Godo abría o marcador, tras un roubo de balón na zona de tres cuartos e resolver diante de Cristian. Pouco despois Tobío facía o segundo nun córner botado por Pachi xa poñendo practicamente o broche ao partido.

Xallas - Silleda (4-1)

  • Iván Couto, Aitor, Rubén Sande, Adán, Samuel Barral, Becerra, Fidi, Stefan, Capelo, Colón e Álex Blanco. Tamén: Íker, Diego, Marcos, Danbi Barbeira e Bryan.
  • Goles: 1-0, m.17: Álex Blanco tras unha falta lateral; 1-1, m.56: Miguel Núñez; 2-1, m.66: Alex Blanco nun balón ao espazo; 3-1, m.83: Stefan; 4-1, m.84: Rubén Sande.

Recuperou as boas sensacións o cadro de Adrián Vázquez, levando a iniciativa durante os 90 minutos, ante un equipo que viña armado atrás. Abriu Álex Blanco cun remata a unha falta lateral, e puido ter caído algún tanto máis.

Na segunda, tras un saque de banda, empataba o Silleda. Parecía que podería entrar dúbidas, pero nada máis lonxe da realidade. Pronto Álex Blanco metía de novo por diante ao equipo verde nun bo balón ao espazo. Puido ter matado o partido antes o equipo xalleiro, peron non foi ata o 83 cando primeiro Stefan, e un minuto despois Rubén Sande, puñan a rúbrica.

Lalín - Mazaricos (3-1)

  • Mazaricos: Pablo, Brais, Chumiko, Borja, Pereiro, Ferreiro, Losada, Moreira (Brais) e Molinos.
  • Goles: 1-0, m.20: Manuel Vilariño nunha contra; 1-1, m.25: Sandelo a centro de Losada; 2-1, m.40: Borja Casal; 3-1, m.80: Borja Casal.

Saíron fenomenal os mazaricáns, salvando a imaxe do mal partido do xoves, cunha das mellores primeira parte do equipo no que vai de Liga. Pero nun roubo no medio campo, os poderosos locais lanzaban unha contra letal e se metían por diante. Reaccionou moi ben o equipo de Mingui, e pronto nunha boa xogada de Losada, metía un centro e Sandelo empataba. De aí ao descanso o partido xogábase en campo local, cun Mazaricos moi ben posicionado que ben se puido ter ido por diante no marcador ao descanso, pero nunha acción na que os amarelos pedían falta previa os locais se volvían meter por diante.

Saíron na segunda co plan de aguantar metidos no partido ata o treito final e aí arriscar. E co 1-2 tivo o empate Borja a un saque de falta lateral, pero salvou o porteiro. Cando se comezaban a estirar os amarelos marcan o 3-1 e na mesma xogada sae expulsado Chumiko, quedando definido o choque.

 

Máis crónicas da 1ª Galicia

As táboas en www.futboldacosta.com