2º Galicia: O Coristanco asalta o liderato

A Esteirana segue arrasando. Foto: Adriana Fdez.
  • Última hora: A RFGF retrasa unha semana a competición para aproveitar e xogar os partidos atrasados.
  • As táboas de resultados e clasificaciónsm actualizadas, xa en www.futboldacosta.com.

Nova xornada marcada polo luto, con minuto de silenci en todos os campos polo tráxico accidente na mar ocurrido en Augas de Terranova do arrastrero "Villa Pitanxo”.

No deportivo, a Esteirana segue arrasando no sur, con 11 vitorias seguidas, e só 3 goles en contra en 11 xornadas.
Pero o partidazo da xornada, na loita pola segunda praza, suspendíase por covid, e a sorpresa dábase no Hermanas Patiño onde o Camariñas perdía unha ocasión para meterse entre os 3 de arriba, ao caer ante un mellorado Cee.

Polo Norte, o Coristanco asaltaba o liderato vencendo ao Buño e aproveitando a segunda derrota consecutiva do Cabana, desta volta ante un fantástico Castriz. O San Lorenzo conseguía vencer a un moi mellorado Malpica e mantén esa 3ª praza que pelexará co cadro xalleiro, que ten aínda varios partidos por xogar, mesmo un choque fronte a fronte.

2ª Galicia, Grupo 1A, xornada 14

Esteirana - Baíñas (5-1)

  • Esteirana: MJ, Simón, Damián, Tobío, Pais, Adrián Abelleira, Pablo Rama, Carajillo, Pachi, Raúl, Oli. Tamén: Samu, Elías, Code, Abeijón e Farinós.
  • Baíñas: Carlos, Maikol, Cristian Canosa, Samuel, Cristian Hermida, Dylan, Brais, Rodri, Oreiro, Lucas e Antelo. Tamén: Raúl González, Esteban, Adrián Canosa e Raúl Antelo.
  • Goles: 1-0, m.30: Raúl; 2-0, m.44: Pachi; 3-0, m.58: Pablo Rama de penalti; 4-0, m.65: Carajillo; 4-1, m.70: Antelo; 5-1, m.87: Farinós.

Non foi quen o Baíñas de competir co rodillo esteirán, e se ben aguantaron os primeiros 25 minutos, tralo primeiro gol xa o partido se viu que rematara. Dominaron os de Geno, por ocasións, por posesión, por todo, demostrando que están a ser o mellor equipo da categoría. Os goles foron caendo así:

Outes - Lira (3-1)

  • Outes: Alex, Ryan, Chía, Babu, Chaki, Cutu, Martín, Iván, Jura, Eloi e Fran. Tamén: Miguel, Adrián, Chía, Stefan e José Ángel.
  • Lira: Balayo, Raúl, Santi, Cartamil, Cristian, Elvis, Ángel, Mamadou, Fran, Juan, Dis. Tamén: Oli, Lucas, Isaac e Xakin.
  • Goles: 0-1, m.18: tras un córner; 1-1, m.40: Martín tras un córner; 2-1, m.68: Eloy; 3-1, m.80: Iván nunha xogada individual.

Comezou o Lira ben armado atrás ante un Outes mellor posicionado. Pero era o Lira o que se adiantaba nunha xogada a balón malia non estar facendo un bo partido, o peor, sen dúbida, das últimas semanas.

Dominaba o cadro de Miguel Ramos pero sen demasiado perigo, ata que ao fío do descanso, Martín empata tras outro córner.

Mellorou o Outes na segunda, que foi claro dominador, e merecedor da vitoria ante un cadro de Gabri Sil que non se atopou nunca. Eloy e Iván deron os goles da vitoria aos locais.

Camariñas - Cee (1-2)

  • Camariñas: Pablo Novo, Barreiro, Carlos, Rodrigo, Pablo Suárez, Manuel (Javi m.55), Moriño, Saviola (Chocolate m.85), Hugo, Mario e Víctor.
  • Cee: Xacobe, Tomás, Iago, Ángel, Jose, Anxo, Adrián, Mateo, Pablo Lestón, Bruno e Cristian. Tamén: Antón Lestón, Leo Picallo, Gabri e Adrián Vilar.
  • Goles: 0-1, m.58: Mario; 1-1, m.66: Antón Lestón de penalti; 1-2, m.80: Antón Lestón.

Primeira parte igualada, no que o Camariñas tivo máis empuxe, con varios achegamento á área visitante, pero sen excesivo perigo, cun Cee ben armado atrás que apenas permitiu unha boa ocasión nos pés de Saviola. Por parte ceense, a ocasión máis clara do primeiro tempo foi un disparo de Bruno a “bocajarro” dentro da área que se marchou fóra-

Saíu o Camariñas máis enchufado na segunda e conseguía adiantarse no marcador cun tanto de Mario que define no man a man. Tiña o partido de cara o cadro local, que aínda estaba a ser máis dominador do partido, e tendo algunha ocasión máis para matar o partido. Pero lograba o Cee parar ese arreón local, gracias a un penalti marcado por Antón. Quedou tocado o Camariñas, e 5 minutos despois o pequeno dos Lestón facía o segundo. De aí o final, un querer e non poder do Camariñas, ante un conxunto visitante que soubo defender o resultado.

 

2ª Galicia, Grupo 1B, xornada 14

Coristanco - Buño (3-1)

  • Coristanco: Rubén, Jonathan, Pazos, Belar, Juan Lagoa; Adrián Pazos, Mario, Nico Abelenda, Sergio, Borja e Samuel. Tamén: Damián, Villajos, Samu, Dani e Kevin.
  • Buño: Xurxo, Jose, Jorge Calvete, Fran, Yago, Íker, Elías, Diego, Bastón, Adrián Pose e Juan Antelo. Tamén: Ángel Garrido, Omar, Luismi, Nacho Moreno e Brais Ceán.
  • Goles: 1-0, m.1: Adrián Pazos; 1-1, m.30: Sergio Bastón de penalti; 2-1, m.31: Mario; 3-1,m .77: Borja de penalti.

Partido relativamente controlado polo Coristanco, tras poñerse por diante cando só se xogaran 42 segundos. Non tirou a toalla o Buño que conseguía empatar de penalti á media hora, pero un minuto despois, nunha contra, o cadro de Juni conseguiría volver poñerse por diante.

No segundo tempo predominou o dominio local, pero Rubén tivo que facer algunha parada de consideración para evitar o empate.

Nantón - Zas (2-2)

  • Nantón: Guille, Gavín, Moreira, Costiña, Diego, Martín, Manu (Pablo, m.74), Redondo (David, m.89), Pastor (Javi, m.86), Iván (Silvariño, m.75) e Josiño (Busto, m.79).
  • Zas: Pereiras, Adri, Iago, Álvaro (Iván, m.56), Brais (Unay, m.80), Dani, Pepe (Xabi, m.70), Mikel, Marcos, Miguel (Ángel, m.46), e Darío (Nico, m.60).
  • Goles: 1-0, m.42: Iván de tiro cruzado; 2-0, m.73: Iván aproveita un balón solto; 2-1, m.79: Iván ás costas da defensa; 2-2, m.87: Yago de xogada persoal.
Foto: Sporting Zas

Reparto de puntos nas Fontiñas, entre dous equipos da zona baixa. Comezaba o Nantón máis dominador, pero cun Zas ben armado atrás. Así e todo, Pereiras paráballe un penalti a Josiño ao cuarto de hora e tamén sacaba un rito dende medio campo de Manu.

Yago facía un xogadón dende 40 metros que non rematou en gol, pouco antes de que Iván abrise o marcador para os de Carlos Vidal.

Á volta comezaba co Zas apretando, cun tiro de Dani ao poste, e outra do propio Dani que só diante da portería mandaba alto. E de novo marcaba o cadro local o segundo.

Pero aí, con só 12 minutos por diante, Moreira era expulsado e o cadro de Periscal botouse arriba e encerrou ao Nantón na súa área, conseguindo dous tantos que serviron para empatar o choque e sumar por terceira semana consecutiva.

Castriz - Cabana (4-0)

  • Castriz: Alvarito; Saúl Proupín, Ramón, Alex Forján; Iván Pastoriza, Samuel, Anxo, Iván Facal, Adrián García, Fabián; Noly. Tamén: Kevin Varela, Martín Gemelo, Guillín, Braulio, Sergio da Mata.
  • Cabana: Víctor, Aarón, Sergio Ferreiro, Raúl, Duda, Sergio Antelo (Ismael), Diego Cacha, Moreno (Fernando), Castro (Simón), Manuel, Raúl Corzón (Rubén).
  • Goles: 1-0, m.20: Fabián tras deixada de Noly; 2-0, m.50: Adrián García Iván Facal; 3-0, m.57: Adrián Facal a pase de Iván Pastoriza; 4-0, m.90: Guillín de xogada.

O mellor partido do Castriz dende que chegara Miguel Chouza, ante un Cabana que non se descompuxo en ningún momento e competiu coma sempre. O cadro xalleiro está collendo o ritmo tralo longo parón que sufríu por Covid, e onte estivo moi motivado, saíndo con moita xente no medio campo para quitarlle o balón aos ata onte líderes. Pastoriza e Facal avisaban, pero tamén o cadro cabanés tamén respondía probando a Álvaro.
Acertaban os locais nunha boa xogada pero con certa pasividade defensiva cabanesa que aproveitaba Fabián. As ocasións seguíronse alternando pero os visitantes non acertaban na porta local. En cambio os locais volvían a dar outro golpe e poñian o 0-2.

Comeza a segunda metade cun roubo nunha saída de balón que Adri aproveitaba para sentenciar. O Cabana, que perdía potencial ofensivo coa lesión de Castro, volcábase pero era o Castriz o que volvía marcar á contra para deixar un resultado demasiado abultado para o que se viu en San Pedro.

Volveu un mítico da Costa, Noly, que volveu da man de Saúl Proupin, e que forma con Braulio unha temida parella atacante.

Malpica - San Lorenzo (0-2)

  • Malpica: Damián, Jordan (Borja, m.78), Laredo, Esteban, Roberto Mol (Dimitri, m.56), Andy, Jairo (Andy Rey, m.82), Iván, Alberto Hombre (Laik, m.46) e Aday.
  • San Lorenzo: Puyol, Ures, Mateo, Lucho, Kuki; Garrido, Ferreiro, Eloy, Arantón; Brais e Diego. Tamén: Darío, Fidi, Raúl, Alexis e Dani Padín.
  • Goles: 0-1, m.52: Brais de penalti; 0-2, m.58: Brais.
Foto-Federico

Partido igualado en Pedra Queimada, cun Malpica mellorado tralas últimas derrotas pero que non tivo sorte. Tras unha primeira metade igualada, cun Malpica combinando ben, o choque romperíase cunha man involuntaria nunha xogada sen perigo que sinalaba o colexiado. Brais non fallaba dende os 11 metros, e marcaba pouco despois o segundo. Non decaeron os de Gurita que fixeron fútbol de moitos quilates, pero sen sorte cara gol.

 

As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com.