3ª FUTGAL: O Oza elimina ao Cerqueda e enfrontarase ao Malpica na final polo ascenso á Liga da Costa
Unha vez que o Volantes non se presentaba na volta, o Malpica esperaba saber o rival co que se vai xogar, nunha eliminatoria de ida e volta, o ascenso á Liga da Costa. E a ida toca no Carral ante un Oza que soubo aguantar as embestidas dos cerquedáns na primeira parte, pero que non puido responder tras quedar cun home menos antes do descanso.
Cerqueda - Oza (2-4)
- Cerqueda: Breo, Hugo Paredes, Hugo Fraga, Marcos Pensado, Dani Reixía, Moha, Brais Costa, Alex Moreno, Iván Rey, Schuster e Salah. Tamén: Carlos Amado, Christian Velo, Edu, Palermo e Rubén.
- Oza: Samuel, Dani Cotelo, Alex Vázquez, Alberto, Nacho, Lavandeira, Hugo Fraga, Abib, Saad, Creso e Salah. Tamén: Brais Bolón, Diego, Puñal, Gabin, e Lagoa.
- Goles: 0-1, m.10: Alex Moreno; 1-1, m.25: Alex López de fermosa falta; 2-1, m.31: Salah; 2-2, m.37: Hugo; 2-3, m.54: Salah; 2-4, m.87: Salah.
Saíu moi serio o Oza sabedor de que o Cerqueda iría pola remotada tralo 2-0 a ida. Pero nunha contra os carballeses se adiantaban por medio de Álex Moreno. Pouco a pouco o Cerqueda ía invadindo máis a área contraria e á media hora, xa co control do partido Alex López empataba cunha fermosa falta, e un tanto de Salah. O Cerqueda viríase arriba tendo algunha para empatar a eliminatoria, pero era Hugo o que conseguía o empate no partido tras un fantástico control nunha contra.
A partir de aí, o partido rompíase con accións nas dúas áreas. Chave foron as dúas últimas xogadas antes do descanso. Os malpicáns pedíron un penalti na área carballesa, o colexiado non sinalou, e na contra Dani Reixía era expulsado por barrer a Nacho sendo o último home.
Na segunda, cun home máis e unha vantaxe de 2 goles, o Oza soubo aguantar e aproveitar as súas ocasións. Co 2-3 tempraneiro o Cerqueda xa baixou os brazos e o Salah fixo aínda o cuarto no treito final.