A Copa da Costa, o noso orgullo
16 de novembro de 2017 (11:16 h.)
O vindeiro luns día 20 de novembro, ás 20.00 horas, na sede federativa en Baio xuntarémonos todos un ano mais para o tradicional sorteo da Copa da Costa. É este o evento de sempre mais concurrido de todos os que programa a Federación Galega en Baio, pois o interese que temos todos no noso torneo estrela é enorme. Xa imos pola edición 55, a deste ano, que esperamos sexa fonte de paixón, anécdotas e historias para recordar como sempre foi. Sendo como é o torneo que nos une a todos, ós clubes que compiten nas ligas provinciais e ós mais modestos, baixo un mesmo paraugas onde a propia competición iguala a pobres e ricos, dende estas páxinas instamos a todos a coidar o noso patrimonio, que non é outra cousa a Copa da Costa: algo que construimos entre todos e que temos que coidar.
A ledicia do vencedor na final é incomparable, un recordo eterno
Non estará exento de polémica o sorteo, pois coma sempre se producirán os típicos debates sobre o sistema de competición, as propostas de deixar fora ós equipos de Preferente ou outras mais rocambolescas se cabe, e queremos deixar un par de reflexións sobre estos aspectos:
O Soneira, un dos últimos dominadores do Torneo.
- Por que a Federación coa convocatoria da reunión non manda xa un boceto ou proposta do sistema de competición, ou abre un período para propostas alter-
Un Fisterra finalista de Copa. A tradición tamén conta. nativas, que poidan ser discutidas na reunión de luns pero con coñecemento de causa de todos os clubs, e non á presa e correndo?
- Non entendemos ese interese de uns poucos clubes de deixar fora ós mais poderosos. Cal é o argumento a favor? Que teñen mellores equipos? O caso do ano pasado, onde os tres equipos de Preferente quedaron eliminados na primeira rolda pode ser exemplo perfecto para ver que os modestos teñen na Copa da Costa a oportunidade de enfrontalos e vencerlles sen ningún problema. O feito de estar todos os equipos costeiros dalle ó torneo prestixio e o seu toque característico.
- O problema mais grande, de sempre, é a apretura do calendario. Co paso da liga da costa a 16 equipos eso evítase en parte, porque os equipos que compiten en 1ª e Preferente seguen co mesmo problema de sempre, e non digamos os que teñen a sorte de disputar promocións de ascenso, que a maioría da veces ven imposible compatibilizar ambas competicións. En definitiva, a Copa castiga ós equipos que o están a facer ben, e que nos representan por Galicia adiante.
- Xa foi falado, e posto en práctica un ano, creemos que cun éxito evidente. Unha boa solución sería xogar a previa e as 2 primeiras eliminatorias a partido único, e so xogar a doble partido a partir da rolda de cuartos de final. Isto creemos que revitalizaría a competición dende os primeiros partidos, igualandoa,e dándolle mais opción ós equipos pequenos, pos a partido único xogarían na súa casa, levaríanse unha boa taquilla e terían mais opción de eliminar ós supostamente grandes. Veríamos partidos moi emocionantes, ó estilo da copa inglesa, en vez desas primeiras rondas aburridas e xogadas os últimos anos como trámite navideño. Todo sería mais dinámico, con mais lugar ás sorpresas e emoción dende o primeiro partido.