Selección Sub12 da Costa en San Andrés-Foto-Luís González
Xa está aí o 6 de decembro, cando a Selección da Costa sub12 saltará ao Cunchido para defender as cores amarelas. Este xoves tivo lugar a primeira convocatoria de preparación para a primeira fase do Campionato de Seleccións Comarcais, unha nova proba de nivel para a nosa canteira.
É certo que no debut do ano pasado o cadro costeiro non foi quen de competir co resto de seleccións cara a cara, pois a inexperiencia era tan grande como a agradable convivencia da que disfrutaron os rapaces. Pero o histórico triunfo da sub15 ante Lugo a comezos de mes, abre a porta da esperanza.
Skio e Barca dirixen a Selección sub12 da Costa
Sobre iso falamos con José Barca e con Skío, o adestrador fisterrán que vén de suplir a Nando Waldomar na dirección técnica, xa que o ceés non pode compaxinar o cargo por motivos laborais.
Para Skío “é unha experiencia nova, que serve para abrirse camiño vendo outra forma de traballar e de facer as cousas, tanto aquí como noutras seleccións, aprendendo de Barca, dos rapaces e aportar todo o que podo aportar”. En todo caso, considera difícil de escoller con apenas 2-3 adestramentos, pero valora o traballo de preparación do organigrama deportivo.
Pola súa parte, Barca deixa claro que "no primeiro adestramento é difícil tomar decisións, porque os rapaces veñen cohibidos e non se soltan. Hai rapaces que nos seus partidos dan moito máis do que deron onte, así que a vindeira semana teremos outro adestramento e seguro que se soltan máis.
O que si se pode ver é que é un grupo con máis calidade que o ano pasado, pero algo máis miúdos fisicamente. Vendo que outras seleccións son moi fortes fisicamente, intentaremos paliar o físico coa calidade técnica que hai".
Barca considera factible sumar, como a sub15, a primeira vitoria oficial da historia da Amarela alevín. "O ano pasado, que era o ano de estrea, competimos bastante ben excepto coa Coruña, e viuse no Campionato Internacional Luís Calvo que fomos capaces de competir con equipos como a Real Sociedade, Sporting de Xixón… Este ano temos que dar un paso máis. Tamén os adestradores estamos aprendendo, e vendo cousas que nos fan mellorar, e a idea é que o equipo vai ser competitivo. Nese entido Skío é unha sorpresa positiva, un rapaz con coñecementos, ilusión que seguro vai aportar moito ao grupo. Sobre individualidades prefiro destacar o grupo en si, porque nestas categorías a unión do grupo é o que fai a forza. Faremos unha selección o máis unida posible".
Convocatoria da Sub12 da Costa
Así queda a convocatoria da sub12 dA Costa para o adestramento do vindeiro día 21 de novembro en Baio: