A Xornada: debacle costeira en cadena, igualdade na Copa da Costa

Na Preferente Norte, o Dumbría levouse ó derbi no Carral ante un Sofán relaxado e pensando na Copa da Costa. Para o Dumbría non foi sinxelo, pois os locais adiantáronse no marcador, e igualaron no segundo tempo, pero un golazo de Capelo nun disparo lonxano doulle os puntos ós do Conco. Aínda así a situación é moi complicada debido ós resultados dos rivais, que fai que o Dumbría deba vencer ó San Tirso na última xornada, e esperar.
Pola súa parte o Xallas caeu derrotado con contundencia ante un Viveiro que se xogaba o descenso, e non puido axudar ó Dumbría nas súas aspiracións de salvación S.D. SOFÁN 2 - DUMBRÍA C.F. 3    1-0 2´Matías 1-1 26´Marcote 1-2 32´Capelo 2-2 49´Matías 2-3 67´Capelo   XALLAS F.C. 0 - VIVEIRO C.F. 4   0-1 39´Arturo   0-2 42´Rolle   0-3 66´Rolle   0-4 85´Xenxo Na 1ª Galicia o Fisterra pintou o peor dos escenarios. Caeu con estrépito en Vila de Cruces ante o Piloño e a vitoria do Tordoia fai que descenda un posto, ó temido cuarto pola cola, que agora mesmo, e co posible descenso do Dumbría, significaría o descenso tamén do Fisterra, e por ende do Cee na Liga da Costa. Os outros tres equipos tiveron encontros intranscendentes: o Baio - Unión foi un espectáculo de goles por ambos lados, e o Lalín - San Lorenzo tamén pero só para un lado.  O Soneira pola súa parte despediu a liga derrotando ó Bastavales a domicilio.
U.D. BASTAVALES 0 - SONEIRA S.D 2   0-1 46´Darío   0-2 88´Basti S.D. PILOÑO 3 - S.D. FISTERRA 0   1-0 34´Joan   2-0 43´Dani Méndez   3-0 59´Zequi C.D. LALÍN 6 - S.D. SAN LORENZO 1   1-0 18´Camba   2-0 33´Brais   3-0 54´Rego   4-0 57´Rubén   5-0 60´Ocampo   5-1 73´Parafita de pti   6-1 76´Camba C.D. BAIO 4 - C.D. UNIÓN 4       1-0 12´MC   1-1 14´Néstor   1-2 22´Pablo   1-3 29´Mauro   2-3 35´Martín   2-4 67´Juan   3-4 88´MC   4-4 90´Iván Rojo Na promoción de ascenso a 1ª, que podería salvar a un equipo da Liga da Costa do descenso, o Mazaricos non empezou con bo pe. Caeu derrotado con claridade por 0-3 ante o San Mamed. Xa ó descanso se chegaba con 0-2, e un tanto visitante a pouco do final acabou coas esperanzas do Mazaricos. MAZARICOS C.F. 0 - C.D. SAN MAMED 3   0-1 26´Víctor   0-2 36´Javi Sánchez   0-3 87´Luis E na Copa da Costa, algunha sorpresa e igualdade en todos os partidos. En Vimianzo o Soneira só igualou co Coristanco a 1 tanto, a pesar de adiantarse no marcador, pois un gol de Lagou igualou o enconto e o Soneira non puido aumentar a vantaxe ante o bo partido do cadro de Pensado. En Zas o encontro e posiblemente a eliminatoria decidíronse no segundo tempo, cos goles de dous defensas, Pablo Vigo e Raúl Añón. E en Esteiro un tanto de penalti de Pladur da unha vantaxe sustancial ó equipo azul e grana, ante un Mazaricos que pensa máis na promoción que noutra cousa. S.D. ESTEIRANA 1 - MAZARICOS C.F. 0   1-0 36´Rober Pladur SP. ZAS 0 - XALLAS F..C 2   0-1 63´Rául Añón   0-2 80´Pablo Vigo SONEIRA S.D. 1 - S.D. CORISTANCO 1   1-0 31´Rubén Forján   1-1 44´Lagoa de penalti