Arrincou o Curso de Adestrador en Ponteceso con case 30 inscritos
06 de agosto de 2019 (01:06 h.)
Con 28 inscritos comezou o Curso de Adestrador que se imparte en Ponteceso. E fíxoo coa clase de Regras de Xogo, impartida por Bruno Méndez, colexiado da Costa.
Ao acto de inauguración asistiron Juan Villamisar, Iván Cancela, Manolo Corredoira, o presidente do Ponteceso, representantes do Concello de Ponteceso e o Delegado de Veteranos na Costa, Modesto Parga.