Bo papel da Selección da Costa de Veteranos no Campionato Galego
04 de novembro de 2025 (11:23 h.)
Participaba esta ponte de Defuntos a Selección da Costa de Veteranos na Fase Final do Campionato Galego de Seleccións Comarcais. O combinado dirixido por Sergio Salgueiros, adestrador do Camelle modesto, e César Rojo, fixo un máis que digno papel.
Competiron moi ben os amarelos a pesar de ser o equipo máis débil, superaron a primeira fase como primeiros de grupo.
Xa nas semis, non houbo cor e os composteláns venceron áos amarelos por 1-4. Só o tanto de Sito no último treito do partido serviu para maquillar o resultado, nun partido que aos 10 minutos xa dominaban os santiagueses por 0-2.
A Selección da Costa de Veteranos estifo formada por:
- Braulio, Rubio e Pablo Fuentes do Sporting Zas.
- Iván Rojo, Ivan Rey e Sito do Atlético Carballo.
- Sergio Álvarez, Angeliño e Cristian Caamaño do Dumbria.
- Carliños do Coristanco.
- Pablo Portomeñe do Cabana.
- Rubén García, Adrián Peña e Mario Rodríguez do San Ramón.
- Óscar Suárez e Luki do San Lorenzo.
- Víctor Pardiñas e Carlos Varela do San Román.
- Diego Díaz do Nantón.
- Dieguito e Adolfo do Corme.