O Castriz conseguiu celebrar, in extremis, o título da Liga da Costa en San Pedro
Espectacular ambiente viviu na tarde de onte o campo de San Pedro de Castriz. O cadro xalleiro adiantara o choque ao sábado para poder celebrar, en caso de vitoria, o título da 2ª Galicia, da Liga da Costa, e o ascenso á 1ªGalicia, con 4 xornadas de marxe.
Pero os nervos xogaron unha mala pasada e non foi o mellor partido dos rossoneros, que tardaron ata o desconto en poder celebrar o seu segundo título da Liga da Costa (o primeiro foi no 2000), obra deste equipazo formado por Pince (presidente) e Miguel Chouza (adestrador).
Visitaba San Pedro un necesitado Volantes de Baño, que non se viña abaixo e ningún momento. Nós, vivímolo todo en directo dende o FB de Fútbol da Costa. Adrián García adiantaba aos locais.
Pero Raúl Lestón sacaba a súa zurda para empatar:
A emoción seguiu viva ata o final, cun Volantes, ao que un puntiño lle sabía moito. Pero chegou o momento de tolos, no desconto, con este golazo de Adrián García, un dos grandes protagonistas destes ascenso.
Así remataba o partido coa celebración no campo:
Así o viviu o míster, o gran artífice deste ascenso, Miguel Chouza. “Ascender é unha consecuencia, pero o que hai é que gañaar a Liga da Costa”, que fala tamén da súa continuidade: