Cee, Outes e Dumbría alzáronse cas Copas da Costa de F8

Cee convertiuse na casa en campión da Copa da Costa Alevín F8 2017
Corredoira entregou os premios aos campions ligueiros de F8 Completa a festa do fútbol base vivida este pasado sábado 13 de maio no campo ceés do San Paio de Refoxos. 20 equipos costeiros participaron nas finais das Copas da Costa de F8, servindo de momento para unha unión da nosa canteira. As competicións comezaba xa en clave de festa, facendo a Federación Galega de Fútbol, a mans do delegado costeiro Manolo Corredoira, das copas de Campións de Liga aos Xallas, Vimianzo, Cee, Corme e Outes. Pola mañá se disputaban os Cuartos de Alevíns e Benxamíns e as semis de Prebenxamíns. A primeira hora da tarde arrincaban as semis.

As finais

A primeira final foi a de prebenxamíns. Cee e Dumbría protagonizaban a mesma finalísima que hai apenas unha semana en Liga. Daquela venceu o Cee, pero onte, e repartido así os títulos do curso, foi o Dumbría o campión.
O Dumbría devolveulle a moeda ao Cee e se proclamou campión da Copa da Costa Prebenxamin F8 2017 Era o turno dos benxamíns, onde o Outes demostrou o poderío que tivo na Liga, e só sufriu nas semis ante o Dumbría, pero barriu a Sofán e ao Cabana na Final. E finalmente, o Cee proclamábase campión da Copa Alevín. Os ceeses devolvían en semis a moeda a un Xallas campión de Liga, e vencían despois na final ao Dumbría, 3º tamén na competición ligueira.
Outes campión da Copa da Costa Benxamin F8 2017 Toda unha festa do fútbol que rematou coas copas e cas medallas para os protagonistas.

Resultados

En www.copadacosta.com

Entrega dos trofeos ligueiros

Cee campión de liga Prebenxamín F8
Xallas A Campion da Liga Alevin Sur F8
Outes fixo doblete de liga Benxamin Sur e copa F8
Vimianzo campión de Liga Benxamín Norte
Corme CF campion da Liga Alevin norte

Novas relacionadas

Máis novas de base