Copa da Costa: O Fisterra, primeiro equipo en Cuartos tralo trámite do Carral
18 de maio de 2016 (08:28 h.)
É o Fisterra o primeiro equipo nos Cuartos de Final da Copa da Costa tras superar, nunha eliminatoria de puro trámite do Carral. O equipo carballés segue centrado na fase de ascenso á Preferente e desbotou este curso a Copa da Costa.
Sofán - Fisterra (1-6)
- Sofán: Brais Vázquez, Adrián (Martín, m.17), Javi Souto, Seo, Alex Varela (Eloy, m.46), Felipe, Xuco, Nacho (Alex Docampo, m.68), Eiris (Alex Pri, m.46), Pallas e Insua.
- Fisterra: Norberto, Munitis, Piti, Roco, Cartamil (Julito, m.50), Cote, Jesús (Bruno, m.52), Santi, Adrián (Abel, m.51), Mané (Pablo Lestón, m.46) e Adrián Makaay.
- Goles: 1-0, m.2: Felipe; 1-1, m.19: Mané; 1-2, m.23: Adrián; 1-3, m.58: Abel; 1-4, m.68: Bruno; 1-5, m.78: Piti; 1-6, m.81: Bruno.
Con cadetes xogou a SD Sofán esta eliminatoria, centrado no partido de volta da Fase de Ascenso á Preferente, tralo 0-0 da ida. Se en Ara Solis debutaban co primeiro equipo Pallas, Eloy, Nacho Eiris e Nacho Moreno, onte, día das Letras Galegas, facíao Alex Docampo.
O partido non tivo historia e o gol inicia da SD foi un espellimso, porque os fisterráns remontaron pronto e acabaron goleando.
Horarios
Xa temos os horarios actualizados en www.copadacosta.com.
Novas relacionadas
- Adrián Makaay, segundo máximo goleador da historia do Fútbol da Costa.
- Basti e Makaay, Insua e Bugy, pichichis e Zamoras das Ligas da Costa.
- 4 equipos seguen pendentes dos arrastres.
- 3ª Autonómica: Os penaltis devolven ao Corcubión á Liga da Costa.
- Copa da Costa Xuvenil: O Xallas, gran campión.
- Artigo de Guillermo Parga do título do Fisterra: Vanse poñer de punta ata os pelos dos Rapacollóns.
- Artigo de Guillermo Parga do ascenso do Soneira: Nunca agardei menos de ti.
- Noé e Geiko, os premios Zamora e Pichichi da 3ª da Costa.
- Rikísimo ascenso do Montelouro.
- O Laxe é novo equipo da 2ª Autonómica!.
Máis información
- Os cadros da Copa da Costa 2016.
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.
Fonte
- Chema Rei para QPC (info@quepasanacosta.com)