#CopadaCosta

As Copas de Xuvenil, Cadetes e Infantís, xa en www.copadacosta.com

Este martes 16 de abril tiña lugar en Zas o sorteo das Copas da Costa das categorías Xuvenil, Cadete e Infantil.

A primeira en arrincar será a Copa Cadete, que comeza, unha vez rematada a Liga, este mesmo 28 de abril, e que rematará antes que ningunha, o 6 de xuño.

Xuvenís e Infantís terán que esperar a que remate a competición ligueira (quedan 4 xornadas por diante), polo que a Copa empezará o 11 de maio. En infantís hai Previa, e as dúas primeiras eliminatorias xóganse a partido único. A gran final xogarase conxuntamente o 22 de xuño.

Máis información