O Eleuterio Balayo acollerá un novo partido Solidario entre o Celta e a Selección Galega Xuvenís

Presentación do partido Solidario con Caritas en Muros

Esta mañá presentábase no Salón de Plenos do Concello de Muros o novo Partido Solidario con Cáritas. O mércores 18 de decembro terá lugar un choque entre a Selección Galega Xuvenil e o Celta Xuvenil, onde poderemos ver o melloriño da categoría.

O choque, que conta coa colaboración da RFGF, servirá para facer unha completa de recollida de alimentos para a entidade.