FF: Instaladas na zona morna da táboa
Caeu o cadro das Miúd@s no Eleuterio Balayo ante as líderes, as Antas, que demostraron o porqué da súa impoluta temporada (non cedeu ningún punto), aínda que as Miúdas non deixaron de intentalo, e puideron competir cara a cara, sobre todo na 2ª metade. As de Fran Figueroa mantéñense na zona morna, lonxe dos postos de perigo, e con posibilidades aídna de engancharse ao grupo de perseguidoras.
Polo Norte, no Grupo 1, o Bergantiños rompía a súa irregular serie e vencía con rotundidade ao Portazgo. Quedan agora as de Gueli nunha cómoda 7ª praza, aínda lonxe dos postos de arriba, pero sen perigo por abaixo.
2ª División, Grupo 2, xornada 8
- Resultado: As Miúdas - Antas SD (1-3)
- As Miúdas: Julia, Isa, Gala, Antía, Martina, Leti, Bárbara, María, Pati, María Dosil e Sara Cubelo. Tamén: Laura, Yaiza, Marta, Sara Romero e Natalia.
- Goles 0-1, m.25: Noelia; 0-2, m.43: Noelia; 0-3, m.57: Nuria; 1-3, m.70: Leti remata de cabeza un córner botado por Gala.
Bo partido no Eleuteiro para recibir ás líderes. O partido comezaba cunha mensaxe de ánimo aos compañeiros Riki (UD Montelouro) e Pelos (CD Muros), que caían en graves lesións a pasada semana que os terá un tempo apartados do verde.
O choque comezaba igualado, cunha primeira metade na que os equipos parecían querer coñecerse mellor. Dominaban as visitantes pero non lograban traspasar a primeira liña defensiva das muradás. Pouco a pouco foron afondando no dominio e tras unha serie de 5 córners consecuvitos, ao 6º conseguían abrir o marcador.
Bárbara mandou arriba un balón baixo a liña de gol, e Sara Cubelo (que fixo un partidazo) levou varias xogadas individuales ata o borde da área do Antas. Pero eran de novo as visitantes as que xusto antes do descanso ampliarban a renda.
Saíron na segunda as costeiras a dar un susto ás líderes adiantando liñas, e asumindo o mando do balón. Pero nunha contra chegaría un doloroso 0-3 que deixaba o partido moi costa arriba. Lonxe de virse abaixo ese gol meteu un punto de coraxe as locais que farían un sobreesforzo, e facían unha media hora final estupenda, recurtando por medio de Leti, e tendo ocasións para meterse no partido de novo sobre todo por medio dunha activa Martina, central facendo de dianteira.
O domingo recibe o cadro muradán de novo no Eleuterio ao Touro, equipo que saca s´ço dous puntos ás Miúdas, polo que pode ser un día para alcanzar a 6ª praza.
2ª División, Grupo 1, xornada 10
- Resultado: Bergantiños - Portazgo (7-0)
- Bergantiños: Lu, Piroja, Nerea (Fariña, m.70), Seo, Paula (Sabrina, m.65), Lorena (L. Cambón, m.55), Torrado, María, Lydia (Andrea, m.45), Tamy (Eva, m.68) e Noe.
- Goles: Tamy (2), María, Laura Cambón, Andrea e Noe.
Vitoria contundente das bergantiñanas ante un Portazgo que acusou en cansazo físico na segunda parte. Empezou o partido cos dous equipos tratando de facerse co dominio pero aos poucos as ocasións foron chegando para as locais, pero nin Tamy nin Noe nin Torrado estarían acertadas de cara a gol. Mediada a primeira parte Tamy si acertaría ao finalizar cun bo control e unha perfecta definición. María faría o segundo a 10 minutos do descanso.
Trala reanudación o equipo local fíxose co control total do partido e foron chegando as ocasións e os goles ante un Portazgo que, malia as baixas, non tiraría a toalla en todo o partdo. Tamy nuevamente en dúas ocasións, Laura Cambón, Andrea e Noe pecharían o macrador final do partido.
O partido da próxima xornada adiántase ao mércores dia 6 ás 12:00 nas Eiroas contra o Torre B.
Crónicas da tempada do Fútbol Feminino
- A primeira vitoria visitante das Miúdas dalles opcións a soñar.
- Partidazos con pouco premio.
- As Miúd@s xa saben golear.
- Vitoria moral das Guerreiras da Costa da Morte ante as líderes do Aguiño.
- As Miúd@s xa saben gañar.
- As Miúd@s e o Bergan comezaron a súa campaña na 2ª División Feminina.
Novas relacionadas
- Laura Torrado e Marta Calvo participaron coa Selección Coruñesa no Campionato Galego.
- Marta Calvo: Igualdade no Fútbol da Costa.
- O Eleuterio Balayo acolleu a estra das Miúdas na Festa dao Fútbol Feminino da Costa da Morte.
- 21 rapazas xa forman a familia das Miúdas amadriñada por Susú Cores e Vero Boquete.
- Arrincou con esperanza o proxecto dos equipo feminino dos Miúdos.
- Os Miúdos lanza a súa aposta polo Fútbol Feminino.
- O Combinado Feminino do Fútbol da Costa debutou en Buño.
Máis novas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).