FF: Partidazos con pouco premio
Disputaron as Miúdas un gran partido ante o Unión, sobre todo unha gran primeira metade, pero ao final o choque premiou ao máis acertado nas 2 areas, a pesar de que o empate non disgustaría tampouco a ninguén dos que presenciaron un partidazo tan tenso coma bonito.
Mentres, o choque do Bergantiños foi de goles, rematando cun empate que deixou a todas contentas.
2ª División, Gr.2, xornada 5
- Resultado: Unión CD - As Miúd@s (2-1)
- As Miúd@s: Julia, Isa, Gala, Antía, Martina, Laura, Bárbara, María, Natalia, Eva e Pati. Tamén xogaron: Sara Cubelo, Marta, Iria e Melody.
Tarde de orballo en Rianxo na que as Miúdas se medían a un equipo que mira cara arriba. A primeira metade dominaron as muradás que esperaba atrás e saían buscando en velocidade a sua capitana Laura, unha das maximas goleadoras da categoría. No minuto 14 unha xogada en banda de Gala, que onte actuou de lateral retrasando a sua posición natural por mor das baixas, metía un pase en profundidade para Pati no que a defensora local o verse incapaz de atallar decideu cortar coa man de maneira intencionada impedindo que a nosa dianteira se plantase soa diante da arqueira do Unión, para sorpresa de todos tarxeta amarilla (...) para a defensora e para o míster Fran Figueroa por protestar. Pouco despois o colexiado anularía un gol a Bárbara a pesar de que o empurrón á porteira local foi dunha compañeira.
5 minutos máis tarde, froito do dominio conseguiríamos tras un bo tiro desde a frontal poñer o 0-1 obra da misma Bárbara, que sin ser o seu mellor día, volve co seu goliño para casa. Tivo o 0-2 Pati e Natalia pero non acertaron e gracias á defensa de Antía chegaron ao descanso por diante.
Na segunda pegou un baixón o cadro muradán e pronto chegou o empate. O cadro local meteu na súa área ás Miúdas e non eran capaces de aguantar o empate. Pero en canto marcou o segundo o cadro local foise de novo abaixo e as muradás espabilaron da man dunha Sara Cubelo desatada en ataque que toleou á lateral dereita local creando numerosas ocasións e internadas na área, pero que acababan topando cunha porteira e defensas moi seguras nos despexes e que xa non tiñan prisa en xogar, un man a man de Laura que saleu desviado e xa no desconto outro de Marta que non supo de que maneira definir acabaría coas opcións das nosas guerreiras de traer un puntiño de Rianxo.
2ª División, Gr.1, xornada 7
- Resultado: Sporting Cambre - Bergantiños (4-4)
- Bergantiños: Lucía, Piroja, Rabuñal (Sabrina, m.45), Torrado, Paula, Lore, Irene, Lydia (María, m.45), Noe (Cambón, m.65), Tamara r Andrea (Isa, m.60).
Non foi o mellor partido e os fallos defensivos condenáronnos a un resultado a priori inesperado. Tamara, goleadora do equipo anotou os catro goles do Bergantiños.
Malia todo cabo destacar a capacidade de reacción do equipo para empatar un partido que, tanto no resultado como no xogo, eran claramente negativos. Xusto reparto de puntos, moi ao noso pesar, logo do visto sobre o terreo de xogo.
Crónicas da tempada do Fútbol Feminino
- As Miúd@s xa saben golear.
- Vitoria moral das Guerreiras da Costa da Morte ante as líderes do Aguiño.
- As Miúd@s xa saben gañar.
- As Miúd@s e o Bergan comezaron a súa campaña na 2ª División Feminina.
Novas relacionadas
- Laura Torrado e Marta Calvo participaron coa Selección Coruñesa no Campionato Galego.
- Marta Calvo: Igualdade no Fútbol da Costa.
- O Eleuterio Balayo acolleu a estra das Miúdas na Festa dao Fútbol Feminino da Costa da Morte.
- 21 rapazas xa forman a familia das Miúdas amadriñada por Susú Cores e Vero Boquete.
- Arrincou con esperanza o proxecto dos equipo feminino dos Miúdos.
- Os Miúdos lanza a súa aposta polo Fútbol Feminino.
- O Combinado Feminino do Fútbol da Costa debutou en Buño.
Máis novas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).