FutFem: Prantando cara ao líder, ascendendo posicións e… preparando a #CopadaCosta Feminina
Días felices para o fútbol feminino da Costa. Sobre todo porque a RFGF confirmaba onte en Baio a creación da primeira Copa da Costa Feminina. Unha competición, xa artellada de xeito extraoficial pola familia da Vidú, pero agora a Federación institucionaliza, e que se celebrará o mesmo día da final da Copa masculina, en principio o 23 de xuño, pola mañá. Á boa nova non se lle uniron uns resultados ideais na fin de semana, pero non hai queixa. O Bergantiños de Gueli vencía e superaba ao Touro na clasificación, mentres As Miúdas de Fran e Fer prantaban cara ao intratable líder, un Chispa 16 vitorias en 16 encontros, que só leva 6 goles encaixados e 105 a favor, e que suou sangue para superar ás guerreiras muradás.
2ª División, grupo 3, xornada 16
- Resultado: Os Miúdos - Chispa (1-3)
- As Múdas: Yaiza, Paula, Martina, Laura, Isa, Antía, Noelia, Leti, Bárbara, Marta e Pati. Tamén xogaron: María de Pastora, Sandra, Gala, Iria e Lucía.
2ª División, grupo 2, xornada 16
- Resultado: Touro - Bergantiños (2-4)
- Bergantiños: Lara Sanchez (Isa, m.45), Rabuñal (Eva), Sabrina, Seo, Fra, Lore, Torrado, Mery, Canosa (Tania, m.86), Noe (Paula, m.80) e Tamy (Martasa, m.75).
Gran partido do Bergantiños feminino fóra da casa ante un gran rival. A solidez defensiva e o acerto de cara a gol, con 4 auténticos golazos, que tanto se votou en falta noutros partidos, foron determinantes para traer os tres puntos para Carballo. O partido empezaba cun Bergantiños marcando un ritmo moi alto, froito diso chegaba o primer gol de Mery no minuto 10, logo dunha boa internada de Canosa por banda dereita. As locais víanse desbordadas polo xogo das carballesas e, nin sequera Laura Mosquera, a máxima goleadora da categoría era quen de desestabilizar a defensa visitante. Fra facía o 0-2 de córner directo mediada a primeira parte, e Tamy erraba un penalti que podía sentenciar o partido antes do descanso. O Touro apenas se acercaría á meta defendida por Lara Sánchez. Na segunda parte as locais adiantaron filas en busca de anotar un gol que as metera no partido, pero a defensa carballesa estaba moi segura con Seo e Sabrina no centro da zaga. Noe no min. 60 anotaba o 0-3 ao mais puro estilo Coutinho. Con este resultado as xogadoras de Gueli baixarían a intensidade e o Touro aproveitaría para para recurtar distancias con un gol de Laura logo de transformar un penalti por mans de Mery e Rocío, a 15 min. para o final, cunha gran volea dende fora da área. A piques estiveron de empatar as locais pero Fra salvaría o gol xusto emcima da línea. Finalmente Mery, a máxima goleadora carballesa, anotaba o gol da tranquilidade no tempo de desconto.
Todas as novidades do FutFem
https://quepasanacosta.gal/futfem-comezo-de-ano-dispar-para-os-dous-equipos-costeiros/ “O FútFem costeiro demostra o seu potencial cunha ateigada homenaxe ás Pioneiras da Esteirana” — Que pasa na costa