Louzán reelixido como Presidente da RFGF ao non presentarense máis candidaturas

Rafael Louzán nunha das Galas do Fútbol da Costa QPC. Foto: David Castro

Finalmente non houbo rival para Rafael Louzán, que cumprirá o seu terceiro mandato á fronte da Real Federación Galega de Fútbol, tras ser o único candidato que se presentou ás eleccións á entidade. Este feito permitiu adiantar os prazos para a toma de posesión, que se confirmou este mércores, polo que xa nas vindeiras semanas serán convocados todos os asambleístas elixidos para constituir a nova Asemblea Xeral e arrincar a nova lexislatura 2023-2026.

O presidente quere facer público o seu agradecemento “a todos os estamentos do fútbol galego” pola “confianza depositada na miña persoa, nos directivos que me acompañan e en todo o equipo de traballo que formamos a Real Federación Galega de Fútbol”.

Nos vindeiros días o presidente dará a coñecer a composición da Xunta Directiva para o ciclo 2023- 2026.