O Fútbol Base foi protagonista en Cabana, Outes, Cee e Santa Comba

Outes contra o Ural na Fase Gaelga Alevin-Foto-Outes Outes, Abegondo, Arzúa e o campo das Redondas, en Cabana, acolleron esta fin de semana demostración do potencial da base do Fútbol da Costa. As 3 primeiras vilas acollían as Fases Galegas das Ligas Alevíns, Benxamíns e Prebenxamíns, mentres que as Redondas enchíanse de público para o xa mítico Torneo de Fútbol Base Costa Bergantiñá.

Fases Galegas de F8

O Outes Alevín disputou a Fase Final Galega Foi o CD Lugo o que demostrou o seu potencial no Cunchido na Fase Alevín. Xa dende antes de comezar os partidos, nas quinielas sonaba como favorito o cadro lucense, que fixo bos os pronósticos, ganando pola mínima a un Xuventude Oroso que a ninguén extranou a súa presencia na final vendendo moi cara a súa derrota. O equipo anfitrión, a pesares dun gran comezo gañando ó Victoria CF (2-0), pagou logo a inexperiencia neste tipo de fases e acadaría ó final o 8º posto. O cadro de honra final estivo composto por: 1º CD Lugo, 2º Xuv. Oroso, 3º Racing de Ferrol. Mellor xogador Local Manuel Insúa (Outes FC), Mellor xogador do Torneo Azael García (CD Lugo).
O Cee benxamin en Abegondo-Foto-McRober Cee Do mesmo Mundo do Fútbol de Abegondo, a cidade deportiva do Deportivo, disfrutou o Cee benxamín. Os de Rafa (que non puido acodir polo partido dos xuvenís, e foi Abraham no seu lugar) quedaron 6º, pero voltaron ca sensación de que mereceron máis. Comezaban a liguiña co Santiago de Compostela, e a pesar de facer un bo partido non puideron sacar nada positivo. Co Lalín empataban pero de novo pensando que merecían a vitoria. Non así ante un Victoria moi superior, que venceu por 5-0 aos ceenses. Na loita pola 5ª praza, o Viveiro puxo máis empurre ante un Cee que xa saíu a disfrutar.
O Cee benxamin en Abegondo-Foto-McRober Pola súa banda, o Xallas de Rupper foi en cadro a Arzúa, e recibiu varias goleadas, sen poder gañar ningún partido.
O Xallas Prebenxamin na Fase Galega  

Torneo Fútbol 8 Costa Bergantiñá

Ambientazo nas Redondas para o Torneo Costa Bergantiñá. Equipos Baio, Laxe, Cabana, Ponteceso, Malpica, Sofán, Coristanco e Paiosaco disfrutaron dunha xornada completa, algo pasada por auga, pero que non impediu disfrutar aos pequenos e pequenas ao máximo. As Finais foron ben apretadas. En Infantís, o Cabana derrotaba ao Coristanco por 2-0. Máis dura foi a final Alevín, onde Malpica e Sofán empataban sen goles, e eran os penaltis os que decidían que o Sofán resultase gañador. En Benxamíns volvían demostrar os locais que canteira cabanesa está moi ben traballaba, e superaban por 5-2 ao Paiosaco. Finalmente, os máis pequenos, os prebenxamíns, demostraron que Malpica necesita máis canteira, tras vecer por 6-0 ao Laxe. Aquí deixámosvos cunhas fotos estupendas de José María Suárez.
Ambientazo nas Redondas
Algo choveu en Cabana
Risas nas Redondas
Compañerismo
Os pequenos laxenses nas Redondas
O Sofán
Os peques laxenses tiveron que xogar un dos partidos coas camisolas do Cabana
O Coristanco tamén estivo nas Redondas

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
  • Fotos de José María Suárez.