Emocionante final a vivida no Cunchido, cun Outes que partía como claro favorito pero que sufriu ante un Sofán respondón, que aguantou ben as embestidas dos da Serra e tivo as súas opcións. O inicio de partido foi trepidante: adiantouse o Outes moi pronto por medio de José del Río, pero na seguinte xogada igualou Montero para o Sofán. A temperatura ambiental era abafante, pero os nenos emplearonse a fondo. Fabio tivo dous bos remates pero Iván Fraga estivo moi acertado na meta do Sofán.
No segundo tempo o Outes saíu decidido a marcar para levarse o título. Ryam, o mellor home sobre o campo, lanzou sen ángulo un tremendo trallazo ó pao. Iván Fraga fixo un paradón a disparo de José Angel e á saída dun córner Marta rematou espectacularmente o tanto da vitoria. O Sofán estaba sen forza debido ó gran traballo defensivo que fixo, e non tivo apenas opcións e empate. O Outes marrou un par de claras ocasións que deron emoción ó resultado, e co pitido final desatouse a euforia no Cunchido polo merecido doblete o equipo cadete local.