Preferente: 7 partidos sen perder
Boa imaxe do Fisterra ante todo un Noia (2º clasificado). O equipo de Cali, xa sen as presas da salvación asumindo o seu destino, segue mellorando, segue coñecendo onde rende mellor cada xogador e xa vai collendo unha base, da casa, na que asentar o futuro do club.
Mentres, o Sofán sumaba unha nova vitoria, ante a visita do Unión ao Carral, e xa son 7 partidos sen perder dos de Pablo Torreira, asentados na 8ª praza e a apenas 7 puntos do 4º.
Fisterra - Noia (0-3)
- Fisterra: Cote, Jose, Julito, Jano, Andrés Vigo, Lobelos, Mario, Luisete, Juan, Alex Vázquz, Aarón. Tamén: Isañias, Lois, Breixo, Adrián Makaay, Ibra, Gabri e Guille.
- Goles: 0-1, m.5: Juan Ángel marca golazo pola escuadra a media volta; 0-2, m.48: Marcos; 0-3, m.69: Juan Ángel.
Cali amosouse moi contento pola imaxe que vai dando o equipo no seu 10º partido no banco. Foi un choque máis igualado do que sinala o marcador, pero dous goles ao comezo de cada tempo marcaron o devir do choque.
En fronte, ademais, un equipazo, cun Iván Bouzón, o porteiro costeiro do Noia, facendo un partidazo, xogand moi ben ao límite no borde da área, cortando unha marea de pases, e moi seguro baixo paus, salvando varias ocasións.
Tivo Ibrahim no segundo tempo, un cabezazo para meter ao equipo no partido pero malia ter toda a portería para el mandou o balón ao longueiro. Pouco a pouco os folgos foron baixando e o equipo non puido apretar no treito final.
Sofán - Unión (2-0)
- Sofán: Brais, Iván, Gody, Bece, Taino, Fabián, Dani Pena, Dani García, Pablo Parafita, Bandera e Jacobo. Tamén: Alex, Noé, Fita, Raúl Pérez, Brais Cancela e Montero.
- Goles: 1-0, m.15: Dani Pena; 2-0, m.40: Taibo.
Sétimo partido sen perder da SD. Desta volta non permitiu que un equipo en descenso sacase nada dun Carral ateigado de xente. O Unión buscaba xogo directo, e a SD intentaba sacar algo máis o balón. Bandera intentaba sorprender cun saque de falta, e pronto Dani Pena aproveitaba un mal despexe do porteiro visitante para definir no man a man. Pouco despois o mesmo Pena mandaría ao longueiro un balón.
A SD dominaba pero as contras dos azuis eran perigosas. Antes do descanso Taibo empurraba un regalo de Dani Pena tras unha carreira brutal, para facer o segundo antes do descanso.
A segunda, nadar e gardar a roupa, aguantando as tímidas embestidas visitantes e achegándose tamén á meta rival.