Preferente: Peche con doble vitoria

Imaxe do Estudiantil-Fisterra

Apenas 4 veces nas 22 xornadas que ten durado esta primeira fase da Preferente, colleitamos doble vitoria dos equipos costeiros. Aconteceu nas dúas últimas, deixando un sabor de boca máis que doce para afrontar a segunda fase.

O Fisterra remata 4º para a Fase de Ascenso tras vencer no campo do pechacancelas, mentres que o Xallas pecha a liga con dúas vitorias seguidas e moita ilusión para a loita pola permanencia.

Estudiantil - Fisterra (1-4)

  • Fisterra: Buguy, Colombia, Pablo Vigo, Breixo, Aarón Fdez., Lobelos, Estévez, Julián, Víctor Casais, Vía, Adrián Makaay. Tamén: Dani.
  • Goles: 0-1, m.1: Víctor Casais; 0-2, m.6: Adrián Makaay; 1-2, m.18; 1-3, m.22: Aarón Fdez.; 1-4, m.43: Breixo.

Víctor Casais marcaba por terceira semana consecutiva para marcar o camiño dunha nova vitoria que serve para pechar a primeira fase en serie positiva.

E así foi, co vento de cara, foron superiores sentenciando mesmo antes do descanso. A única mala nova, a lesión de Makaay.

Boimorto - Xallas (1-2)

  • Xallas: Iván Couto, Aitor, Caneda, Josito, Julito, Adan, Diego, Colón, Samuel, Iván Calvo, Alex Blanco. Tamén: David, Doro, Xan Caridad, Borja, Carlos, Borja e Juan de Celia.
  • Goles: 0-1, m.1: Josito Eiza; 0-2, m.50: Borja; 1-2, m.81.

Bo partido do Xallas, dominador en xogo e con máis ocasións que o rival, aproveitando o desconcerto local tralo gol inicial de Josito. O primeiro tempo foi de clara cor verde, e na segunda continuaron os de David González creando situacións fáciles para facer o 2-0. Chegou co tanto de Borja pero non sentenciaron, e nun desipiste, xa contra o final, os locais recurtaron a pesar de quedar con 10, e mesmo tiveron o empate no último segundo.

As táboas en www.futboldacosta.com.