Preferente: O Sofán demostra estar un punto por riba do Fisterra

Foto-Luis González para a SD

Igualado derbi en Ara Solis entre os dous equipos costeiros da Preferente, que só se decantou no treito final pero que demostra o visto ata agora na Liga: o Sofán está un punto por riba do Fisterra. Os carballeses venceron e suman xa 18 puntos, deixando a 6 os postos de descenso. Ao cadro de Fabián, que estreo segundo no banco, o laxense Kali, escápaselle a zona de salvación xa a 10 puntos. Nada insalvable en todo caso.

Por Fisterra quedan, en calquera caso, satisfeitos, por poder competir a pesar das innumerables baixas e ter que xogar con varios xuvenís e 3 porteiros na convocatoria. O físico foi clave.

Xoves, nova xornada.

Fisterra - Sofán (2-4)

11 do Fisterra -Foto-Luís González para a SD
  • Fisterra: Aarón, Breixo, Juan, Julito, Andrés Vigo, Lois, Lobelos, Cotelo, Jose M., Ibrahim, Ricardo Coria. Tamén: Aarón Casais, BIlal, Mamadou e Guillermo.
11 do Sofán en Ara Solis-Foto-Luís González para a SD
  • Sofán: Álex López, Noe, Gody, Bece, Canedo; Alexandre, Fita, Dani García, Pablo, Bandera, Eibe. Tamén: Taibo, Dani Pena, Brais Gómez, Brais Cancela e Paulo.
  • Goles: 1-0, m.8: Ibrahim; 1-1, m.44: Fita; 1-2, m.75: Paulo; 1-3, m.77: Dani Pena; 1-4, m.89: Juanjo; 2-4, m.90: Ángel.
Capis e colexiados no Fisterra-Sofán-Foto-Luís González para SD

Comezou o partido tremendamente igualado, cun Sofán intentando combinar, e facendo dano a balón parado, e unha SD que buscaba saídas rápidas. Nunha desas Ibrahim abría o marcador, despois de que David Bandera avisase con dous remates de cabeza.

Pronto saía expulsado o adestrador local Fabián, e o Sofán mete unha marcha máis e faise co dominio, con boas chegadas por banda da man de Alexandre, que non dá atopado rematador. Só ao fío do descanso, xa no desconto do primeiro tempo, chegaría o gol de Parafita ao recoller un rexeite nun tiro de Pablo.

Continuou o mesmo guión na segunda, e volvía ameazar o Fisterra nun man a man que salva Álex López. Foi clave o banco, sobre todo no bando visitante, que revolucionou o partido. Corría o último cuarto de hora, cos suplentes sofanistas voando polo céspede e os titulares fisterráns moito máis cansos, cando marcabana Paulo; Dani Pena empurrando á rede un pase atrás de Alexandre tras un saque rápido de Gody; e Juanjo, que a conta novamente nun remate de cabeza nun corner sacado esta vez por Alexandre.

Aínda o Fisterra tirou de orgullo e marcou o seu segundo tanto.

Os irmáns Parafita pelexan un balón -Foto-Luís González para a SD

Todas as crónicas de Preferente

A táboa en futboldacosta.com